O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes ante Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) organiza o vindeiro luns, día 22 de xullo, no local da Comunidade de Montes de Laza, Cimadevila e Souteliño (Concello de Laza), unha xornada formativa sobre a valoración dos recursos dos nosos montes, que prestará especial atención ao turismo, ás prácticas sostibles e as certificacións forestais. Estas temáticas foron identificadas como prioritarias por parte dos asistentes ao primeiro obradoiro participativo (Living Lab) que tivo lugar o pasado día 20 de xuño en Laza, no marco do proxecto.
Inscrición
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse enviando un correo electrónico á Fundación CEER (corunatec@fceer.org) ou a través do teléfono 627 975 615.

Programa
17.00 - 17.10h.- Presentación. Fundación Juana de Vega.
17.10 - 17.15h.- Presentación dos relatores. Fundación CEER.
17.15 - 18.15h.- Relatorio: "Turismo sostible e posta en valor dos recursos patrimoniais dos montes". Óscar Blanco Somoza.
18.15 - 19.15h.- Relatorio: "Valorización dos recursos forestais a través de prácticas sostibles". Francisco Pedras Saavedra.
19.15 - 20.15h.- Relatorio: "Certificacións forestais e recursos ecosistémicos". Marcos Estévez.
20.15 - 20.30h.- Despedida e peche. Fundación Juana de Vega.
O proxecto CAPRIF-CC, que se desenvolverá ata finais de 2025, está promovido pola Fundación Juana de Vega, a Fundación CEER, a Fundación Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea cos fondos Next GenerationEu.