O martes 18 de xuño tivo lugar o primeiro taller informativo e formativo do Grupo Operativo TERRACTIVA na sede da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), en Santiago de Compostela. Esta actividade, de tres horas de duración, estivo dirixida principalmente a persoal técnico, socios e directivos do sector do cooperativismo en Galicia.

O obradoiro comezou cunha breve presentación do Grupo Operativo TERRACTIVA, seguida dunha definición e aclaración do perfil dos novos entrantes no sector agroalimentario. Por último, presentáronse as guías que vai elaborar o Grupo, así como outras ferramentas que están desenvolvéndonse, e aclarouse como deberán utilizarse.
O equipo coordinador de TERRACTIVA ten programadas novas actividades durante o mes de xullo e en setembro.
Inspiración en Europa
Ata o momento, no marco do Grupo Operativo TERRACTIVA publicouse unha guía con recompilación de experiencias inspiradoras a nivel europeo sobre como facilitar o acceso á terra aos novos e novas entrantes.
O acceso á terra, sobre todo coa calidade e coa dimensión necesaria, é un dos grandes desafíos do proceso que deben seguir polo que este documento é un paso máis no apoio a estes emprendedores rurais que precisan de certa inspiración e que a poden atopar en servizos internacionais que xa acumulan unha longa traxectoria coma o Land Mobility Service de Irlanda; o Terre de Liens en Francia; o Scottish Land Matching Service en Escocia, o Farming Connect de Gales, así como en organizacións gobernamentais de Austria, en diversas iniciativas públicas e privadas Portugal e tamén nas doutras comunidades de España como Cataluña, País Vasco, Castilla León, Baleares, Extremadura, Comunidad Valenciana e mesmo Galicia.
Ver aquí a publicación: