Presentación en Vigo da última biografía sobre Juana de Vega

Share

O venres, 16 de xuño a libraría Librouro de Vigo acolleu (20.00h), a presentación do libro "Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872)", de Xosé Ramón Veiga. O autor estivo acompañado por Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega, e Marcos Calveiro, director de Edición da Editorial Galaxia.

En paralelo á exposición homónima
Esta presentación forma parte dunha serie de actos previstos ao abeiro da exposición “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina: facer no século”, organizada pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do seu pasamento e que durante todo o mes de xuño permanecerá aberta no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo en horario de de 9.00 a 21.00h.

Así mesmo, o mércores, 21 de xuño terán lugar na Casa Galega de Cultura a conferencia “Quen leva o pan á casa?” sobre a importancia do traballo feminino nas comunidades marítimas. O lugar do evento é a Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol, de 19.00 a 20.00h.