Presentación en Ourense da última biografía sobre Juana de Vega

Share

O martes, 23 de maio a libraría Eixo (Ourense) acolleu (19.30h), a presentación do libro “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872)”, de Xosé Ramón Veiga. O autor estivo acompañado por Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega, e Marcos Calveiro, director de Edicións da Editorial Galaxia.

En paralelo, a exposición homónima “Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século”, organizada pola Fundación Juana de Vega, pode visitarse na entrada do edificio de Ferro do campus de Ourense ata o 26 de maio.