Presentación dun libro sobre a vida de Dª Juana de Vega

Share

O día 10 de xuño presentarase as 20:30 horas na Librería Arenas o libro titulado "Juana de Vega, entre Acevedo Y San Pedro De Nos. Vida y obra de una mujer ejemplar", do que é autor D. Manuel Rodríguez Maneiro, académico, historiador e periodista.

Esta presentación correrá a cargo do Excmo. Sr. D. José Ramón Barreiro FernándezPresidente da Real Academia Galega, Catedrático de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Xunta de Goberno do Instituto "José Cornide" de Estudios Coruñeses, e D. Juan Arias Andreu, editor da Editorial Trifolium.

Autor: D. Manuel Rodríguez Maneiro