Presentación do libro sobre Juana de Vega no Ateneo de Madrid

Share

A Fundación Juana de Vega continúa divulgando a figura de Juana de Vega a través de diferentes actos por Galicia e tamén en territorio nacional. Mañá, martes 27 de febreiro (18.30h), presentaremos no Ateneo de Madrid a versión en castelán do libro “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século”, editado por Marcial Pons.

Acompañando ao autor, Xosé Ramón Veiga, estarán o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, e Ramón Villares, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e patrón da Fundación, que conducirá e moderará o acto.

Intervirán tamén Juan Sisinio Pérez Garzón, catedrático de Historia Contemporánea na Universidad de Castilla-La Mancha; e Mari Cruz Romeo, catedrática de Historia Contemporánea na Universidad de Valencia.

Presentación libro Juana de Vega en Ateneo Madrid.