Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2025

Categoría Intervencións en espazos exteriores

Premiados

Premio

Autores: Eduardo Cruz Aguiar

Promotor: Axencia Galega de Infraestruturas. Xunta de Galicia.

Accésit

Autores: Orza Paisajismo, Trébore Jardinería, Grupo Naturalista Hábitat

Promotor: Sandra Ortega Mera, Ferrado Inmuebles S.L

Accésit

Autores: Asociación Corripa

Promotor: Asociación Corripa

Mención

Autores: Martín Toimil (LaND30) e Abel Mato (Promove Arquitectura)

Promotor: Concello de Lalín (financiado a través do plan REACPON da Deputación de Pontevedra)

Mención

Autores: Mar Penela López, Rubén Escuredo Díez

Promotor: Concello das Neves

Mención

Autores: MOL Arquitectura

Promotor: Concello de Quintela de Leirado e Xunta de Galicia

Convocatoria 2025

Convocatoria 2025

Obxecto

O Premio Juana de Vega de intervencións na paisaxe xorde do convencemento de que a paisaxe é un elemento fundamental do patrimonio de calquera sociedade humana por incidir directamente  na súa riqueza cultural e benestar físico, mental e social, e por ser un recurso socioeconómico de enorme potencial.. Para poñer en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio, a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega convoca o Premio como recoñecemento a aquelas intervencións no patrimonio natural e construído que contribúan a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo.

No ano 2025 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS EN ESPAZOS EXTERIORES, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores tanto públicos como privados que contribúan a mellorar a calidade da paisaxe.

Prazos

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 4 de xullo de 2025  e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

Valoración

Dentro da súa liberdade para tomar decisións, o xurado deberá valorar os seguintes aspectos nos proxectos presentados ao premio:

  • A calidade da intervención e a súa contribución á mellora da paisaxe.
  • A incorporación de criterios de sostibilidade, uso racional dos materiais, estratexias de proximidade e economía circular.
  • A adecuación da intervención realizada aos usos previstos.
  • A capacidade da obra de converterse nunha referencia social.

Candidatos

Poden ser candidatos ao premio:

Autor/es do proxecto ou da intervención, que teñan como promotor a unha persoa física ou xurídica de natureza privada. Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen acabadas entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 31 de decembro de 2024.

As candidaturas poden ser presentadas polo autor/es, polos promotores ou por un terceiro, incluídas asociacións ou outras entidades que teñan coñecemento de intervencións que ao seu xuízo, poidan ser merecedoras dos premios.

O xurado poderá premiar proxectos que non se presentasen á convocatoria se os consideran merecedores do mesmo.

Dotación

O premio terá unha dotación económica de 6.000,00€. 

No caso de que o proxecto sexa de promoción privada, o xurado, se o considera pertinente,  poderá repartir o valor económico do premio entre os autores e o promotor, podendo percibir este último non máis do 50% do mesmo.

A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00€.

Os autores das intervencións galardoadas recibirán un diploma acreditativo e os promotores unha placa de recoñecemento.

Os traballos premiados serán difundidos a través da web da Fundación (www.juanadevega.org), redes sociais, prensa xeneralista e medios especializados.

Xurado

O xurado estará formado por:

Presidente:

  • Juan Manuel Palerm Salazar. Catedrático da Escuela de Arquitectura de las Palmas de Gran Canaria. Presidente de UNISCAPE (European Network of Universities for the implementation of the European Landscape Convention).

Secretario:

  • Pedro Calaza Martínez. Doutor Enxeñeiro Agrónomo e doutor en Arquitectura da Paisaje. Director da Escoa Galega da  Paisaxe Juana de Vega e decano do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.

Vogais:

  • Andrés Alcántara. Responsable de relacións internacionais da Unión Internacional de Conservación de la Naturaleza -Centro de Cooperación del Mediterráneo (UICN MED). Coordinador de Soluciones basadas en la Naturaleza Urbano. Biólogo.
  • María Isabel Iglesias Díaz. Doctora en Ciencias Biolóxicas, profesora titular no Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC. Coordinadora do Grado en Paisaxe.
  • Covadonga Carrasco López. Arquitecta en CREUS y CARRASCO, con varios galardóns entre eles: tres Premios Juana de Vega de vivendas unifamiliares e Premio na Bienal de Venecia pola Remodelación do porto de Malpica (Costa da Morte, A Coruña).
  • Pere Sala i Marti. Licenciado en Ciencias Ambientais. Director do Observatori del Paisatge de Cataluña. Asesor do Consello de Europa e profesor asociado da Universidade Pompeu Fabra. 
  • Iñaki Viñuela. Presidente da Asociación Española de Paisajistas. Biólogo, ecólogo e paisaxista e socio de Evergreen.
  • Enrique Sáez Ponte. Presidente da Fundación Juana de Vega.

Incompatibilidade

Non poderán optar ao premio os membros do xurado e os seus asociados e colaboradores de calquera tipo, os empregados e patróns da Fundación Juana de Vega, así como os familiares dos mesmos, calquera que sexa o grao de parentesco.

A proposta deberá acompañarse da seguinte documentación:

  1. Formulario de presentación de candidaturas (ANEXO) cumprimentado e asinado polo autor ou pola persoa que presenta a candidatura.
  2. Certificación asinada polos autores na que se dea fe do remate da obra dentro do prazo establecido no apartado quinto das bases (periodicidade), así como a data de visado e o número de expediente colexial, acompañado do certificado final de obra, no caso de que polo tipo de intervención, se requira visado colexial.
  3. Declaración Xurada do autor ou autores sobre os datos económicos obxecto do proxecto ou da intervención, na que se indicará o orzamento total de execución da intervención rematada e metros cadrados obxecto da mesma.
  4. Declaración xurada do autor ou autores na que se dea fe de non incumprir ningún suposto de incompatibilidades sinaladas no apartado anterior.
  5. Breve memoria descritiva da intervención en formato DIN A3 horizontal que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:
    • Texto descritivo da proposta, cunha extensión máxima de 350 palabras, no que se expoñerán os valores do proxecto e a súa achega á paisaxe, xustificando a solución adoptada, a elección de materiais e estratexias de integración da obra na contorna e os criterios de sostibilidade e de eficiencia enerxética empregados.
    • Plano de situación da intervención que permita a súa localización.
    • Fotografías do estado previo ao comezo das obras e do estado final das mesmas.
    • Planos de estado previo e estado proposto, incluíndo plantas, alzados, seccións, detalles construtivos e outra documentación gráfica que se estime oportuna para contar o proxecto.

Toda a documentación deberá presentarse en soporte papel co formato e as dimensións indicadas nos apartados anteriores. Os apartados a, b, c, d poderán entregarse en formato DIN A4 como anexos á memoria.

Ademais, presentarase toda a documentación en soporte dixital, atendendo aos seguintes criterios:

  • A memoria e anexos presentaranse en arquivos PDF, debidamente identificados.
  • Os planos e fotografías incluídos na memoria entregaranse tamén por separado, dentro dun cartafol, en formato JPG cunha resolución mínima de 300 ppp.

A documentación achegada quedará en propiedade da Fundación Juana de Vega. Igualmente, todo o material gráfico e fotográfico estará libre de dereitos de autor e os concursantes galardoados co Premio ou cun accésit, autorizan expresamente á Fundación Juana de Vega, polo feito de presentar a súa candidatura, a utilizar a documentación gráfica para a edición de publicacións en soporte papel ou en dixital, co obxectivo de difundir os resultados das diferentes convocatorias.

Lugar de presentación de candidaturas

As candidaturas deberán presentarse por correo postal ou presencialmente en:

Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende, 92
15176 San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña)

Fallo do xurado

O xurado, á vista da documentación presentada, poderá realizar unha selección previa daquelas intervencións ou obras que considere reúnen condicións suficientes para optar ao premio, e realizar unha posterior visita ás mesmas. Os premios e os accésits poderán quedar desertos se as propostas presentadas non se consideran axustadas aos obxectivos do mesmo.

Unha vez analizadas todas as propostas, as decisións do xurado adoptaranse por maioría simple, sen voto de calidade. As decisión do xurado así adoptadas serán inapelables.

O fallo do xurado farase público a través da páxina web da Fundación Juana de Vega e noutros medios. Igualmente, os autores premiados recibirán unha comunicación por escrito na que se lles dará conta da resolución do xurado.

A entrega do premio realizarase nun acto público que terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega, no último cuadrimestre de cada ano.

Aceptación das bases

A simple presentación de propostas para optar ao premio, implica o coñecemento e a plena aceptación das bases da convocatoria, que poden consultarse aquí, así como as bases xerais do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe.

Acta do xurado

Acta do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2025. Categoría Espazos exteriores

Share