Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2008

Fallo do xurado: Vivendas unifamiliares

Premiados

Accésits

Autores: Rafael Pier Romero, Cristina Vilariño Vigueira

Accésits

Autores: Jorge Salgado Cortizas

Premio

Autores: Quico Jorreto

Acta final do xurado

O 23 de xullo de 2008, as 20.30 horas, reúnese o xurado en Panxón (Nigrán), composto polas seguintes persoas:

Presidente en funcións: Alexandre Alves Costa.

Secretario: Enrique Sáez Ponche.

Vogais: Manuel Caamaño Suárez, Cristobal Crespo González e Manuel da Iglesia Pérez.

Escusan a súa asistencia o Presidente Celestino García Braña e os vogais Xosé Manuel Casabella López, Víctor Fernández Freixanes e Marta Rodríguez Fernández. Actúa como Presidente en funcións Alexandre Alves Costa.

O xurado visitou en dúas sesións cada unha das casas preseleccionanadas na primeira reunión celebrada o día dous de xullo do presente mes.

O xurado fai constancia da satisfactoria evolución do número de vivendas que se presentaron ao Premio, que foron 23, a cantidade máis alta rexistrada nas cinco edicións, así como do alto nivel de calidade medio alcanzado.

Revisada a documentación presentada e a análise das visitas efectuadas, o xurado toma por unanimidade os seguintes acordos:

  1. Conceder o Premio Juana de Vega de Arquitectura para a mellor vivenda unifamiliar terminada en Galicia no ano 2007 ao arquitecto Manuel Jorreto Díaz pola súa obra na urbanización Pazo de Ramirás en Santa Cruz de Rabaldo (Ourense). A vivenda combina: a) Un perfecto axuste na parcela, aproveitando as vistas que ofrece o desnivel e respectando a existencia duns carballos autóctonos na súa fachada posterior. b) Un deseño de alta calidade, especialmente o do salón – pérgola na planta superior, a integración da pequena piscina cuberta no nivel inferior e o xogo dos patios laterais. c) A eficacia dos criterios construtivos e o bo uso dos materiais.
  2. Conceder un accesit ás seguintes obras:
    • Vivenda en Cobas (Ferrol), do arquitecto Jorge Salgado Cortizas, pola elegante solución adoptada no proxecto, que coas súas liñas sinxelas destaca nunha poderosa contorna natural.
    • Vivenda en San Pedro de Nos (Oleiros – A Coruña) dos arquitectos Rafael Pier e Cristina Vilariño. Unha vivenda ben colocada na parcela, que se relaciona de maneira natural cos elementos vexetais que a rodean, particularmente cunha parra que prolonga o interior cara a fóra. Tamén convén subliñar a comodidade que ofrece a unha persoa minusvalida, que se atopa entre os seus ocupantes.
  3. Recoller como finalistas destacados ás seguintes obras:
    • Casa na Graña (Ferrol) dos aquitectos Sergio Beceiro Lodeiro e Rosa Vilas Romalde, que representa unha afortunada intervención arquitectónica, para combinar a rehabilitación dun edificio de pedra cunha parte de nova fachada en madeira, axustándose moi ben á contorna dun pequeno centro histórico.
    • Un conxunto de dúas vivendas encostadas pero diferentes entre si, dos arquitectos Nela Prieto Méndez e Diego García – Muñóz Vaqueiro en Panxón (Nigrán – Vigo). Situada nunha zona que combina unha notable desorde urbanística xunto a obras de indubidable valor (O templo votivo de Antonio Palacios e o arco visigótico) destaca pola eficaz e coidada resolución, tanto dos elementos construtivos como de estética de conxunto, dunha proposta complexa, que mellora substancialmente a contorna no que se encadra.
Share