Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2007

Fallo do xurado: Vivendas unifamiliares

Premiados

Premio

Autores: Jesús Irisarri Castro, Guadalupe Piñera Manso

Acta final do xurado

O 11 de setembro de 2007, ás 19.30 horas, se reune o xurado no Aeroclub de Vigo, composto polas seguintes persoas:

Presidente en funcións: Xosé Manuel Casabella López.

Secretario: Enrique Sáez Ponche.

Vogais: Alexandre Alves Costa, Manuel Caamaño Suárez, Cristobal Crespo González e Marta Rodríguez Fernández.

Escusan a súa ausencia, por causas inesperadas, o Presidente Celestino García Braña e o vogal Víctor Fernández Freixanes. Actúa como Presidente en funcións Xosé Manuel Casabella López.

O xurado visitou no día de hoxe cada unha das catro obras preseleccionadas na reunión do 21 de Xuño. Unha vez valorada a información dispoñible e tras un breve debate, o xurado acorda por unanimidade o seguinte:

  1. Conceder o Premio Juana de Vega para a mellor vivenda unifamiliar acabada en Galicia no ano 2006 aos arquitectos Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso, polo seu proxecto en Picoto (Redondela).
    O Xurado valorou especialmente as solucións técnicas, o uso dos materiais e o moderno e elaborado deseño. O proxecto acoje perfectamente a oportunidade que presenta o privilexiado emprazamento sobre a Ría de Vigo, respectando as vistas das vivendas situadas ás súas costas.
  2. Conceder un accésit á vivenda dos arquitectos Plácido Lizancos Moura e Ana Sogo López en Montrove (Oleiros). A edificación mostra un excelente equilibrio entre o deseño e os usos para os que está prevista, resolvendo con calidade as limitacións dunha parcela de pequena dimensión e cun forte desnivel. Ademais consegue integrarse ben nunha contorna deteriorada por algunhas construcións con debilidades nos criterios formais.
Share