Acta final do xurado
Reúnese o xurado o 28-07-04, composto polas seguintes persoas:
Presidente: Dona Teresa Taboas Veleiro.
Secretario: Don Enrique Sáez Ponte.
Vocais: Don José González – Cebrian Tello, Don. Alexandre Alves Costa y Don Manuel Caamaño Suárez.
O xurado revisa as trece obras presentadas e, tras comprobar a súa adecuación ás bases do premio, realiza unha preselección en dúas fases para quedar cun grupo de vivendas máis reducido. O día 14-09, tras visitar algunhas das obras preseleccionadas o xurado acorda por unanimidade o seguinte:
- Declarar deserto o premio, xa que se considera que ningún dos edificios presentados, aínda que varios deles conteñen elementos valiosos, responde o nivel de calidade global esixible.
- Conceder tres accésits aos seguintes traballos:
- Grupo de dúas vivendas unifamiliares illadas en Icaria 2 (Oleiros), do arquitecto José Rodríguez Etchevarria, pola utilización de formas e materiais actuais, xunto coa capacidade de repetición nun medio físico complexo.
- Vivenda unifamiliar en Padriñán, (Sanxenxo), dos arquitectos Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñeira Manso, polo esforzo innovador no emprego de materiais, a sinxeleza espacial e do programa así como a adecuada posición sobre o terreo e a superación das limitacións dun orzamento reducido.
- Vivenda unifamiliar na Xunqueira, (Nigrán), dos arquitectos Julio Daniel Rodríguez Rodríguez e Daniel Rivoira Zecca, polo esforzo na adaptación a unha topografía moi complexa e a integración nun núcleo rural de gran densidade.