Premio Juana de Vega de arquitectura. Convocatoria 2006.

Share

A Fundación Juana de Vega dedica os seus esforzos a colaborar na mellora das condicións de vida do ámbito rural galego e no respeto do seu entorno natural, e a promover a formación orientada ás actividades económicas que nel se realizan.

Nese contexto, tendo en conta a dispersión característica das vivendas nos espacios non urbanos do país, o que con demasiada frecuencia está levando á perda da calidade paisaxística e o abandono das formas e contidos da arquitectura tradicional, a Fundación tomou o acordo de convocar un premio anual de arquitectura, coa maior dotación dos que se conceden en Galicia.

Premiarase a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, rematada no ano natural anterior en Galicia, segundo o criterio do xurado. Éste valorará especialmente a capacidade da obra para converterse nunha referencia social que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen no medio non urbano.

O xurado estará composto por: D. Celestino García Braña, Decano– Presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; D. Enrique Sáez Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega; D. Xosé Manuel Casabella López, Director da Escola de Arquitectura de Coruña; Dª Marta Rodríguez Fernández en representación da Consellería de Vivenda e Solo; D. Alexandre Alves Costa, D. Cristóbal Crespo González, D. Manuel Caamaño Suárez e D. Víctor Fernández Freixanes.

A esta terceira convocatoria poderán concursar as vivendas unifamiliares rematadas en Galicia no 2005. A data límite de presentación dos proxectos realizados é ata o 31 de maio. O importe do premio é de 6.000,00 euros e o xurado poderá conceder ademais dous accésits dotados con 1.500,00 € cada un.

O fallo do xurado terá lugar no mes de setembro e os traballos premiados serán difundidos mediante a súa publicación.

Pode obter as bases do mesmo dentro do apartado actividades e dentro deste, en premios.

Terceiraa convocatoria do Premio Juana de Vega de Arquitectura para vivendas unifamiliares