Ponteareas, caso de éxito municipal na presentación da "Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia"

Share

Pedro Calaza, director da Escola Galega da Paisaxe, e Nuria Freire, técnica da Área de Paisaxe e Territorio, asistiron este 11 de febreiro á presentación da "Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia". Galicia é a primeira comunidade autónoma en contar cun instrumento propio de planificación e actuación para poñer en valor os ecosistemas urbanos e mitigar os efectos derivados do quecemento global. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, clausurou a xornada organizada en Santiago co gallo da entrada en vigor do documento.

Tamén poideron acompañar a Nava Castro, alcaldesa do Concello de Ponteareas, que expuxo os principais fitos da "Estratexia de Infraestrutura Verde de Ponteareas", elixida como caso de éxito a nivel municipal. O documento foi elaborado pola Área de Paisaxe e Territorio da Fundación Juana de Vega.

A principios de xullo de 2024, o Concello de Ponteareas foi o primeiro de Galicia en deseñar o seu futuro verde e dar un paso en firme na mellora da calidade de vida da cidadanía. O documento contempla 8 obxectivos, 40 liñas estratéxicas, 50 accións e 43 propostas concretas a desenvolver nas 24 parroquias.