A Fundación Juana de Vega colabora na web do proxecto Impulsa RuralESS promovido por Ágora Regenerativa. Impulsa RuralESS é unha rede de persoas, entidades e territorios que comparten unha mesma visión: impulsar o emprendemento rural desde a economía social e o territorio.
Na súa web, estreada este mesmo mes de setembro, pódese atopar información de:
- O ecosistema grazas ao que é posible o proxecto.
- As formacións dispoñibles.
- O diagnóstico de necesidades.
- Testemuños.
- Un banco de recursos específico para impulsar o emprendemento. En concreto, a Fundación participa non Banco de Recursos:

Xunto á Fundación Juana de Vega forman parte da rede de colaboradores Impulsa RuralESS: Rural Citizien, CODEBEM (Consorci per al Desenvolupament del Baix Ebre i Montsià) ou APAEEF (Asociación de produtors d'agricultura ecológica d'Eivissa i Formentera).
