O edificio de Facultades de Ourense acollerá o vindeiro martes, 2 de maio, ás 11:15 h a inauguración da exposición “Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): Facer no século”, organizada pola Fundación Juana de Vega.
No acto participarán a vicerreitora do campus de Ourense, Elena Rivo López, e o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez.
A exposición estará aberta ao público ata o 26 de maio.

