Os Parladoiros do Mercado da Colleita dan voz a novas iniciativas exemplares do rural galego

Share

O Teatro Rosalía da Coruña será o escenario dos Parladoiros do "Mercado de la Cosecha" o vindeiro venres 13 de marzo a partir das 17:00 horas. Este evento de divulgación de iniciativas innovadoras desenvolvidas no rural galego alcanza a súa terceira edición avalado pola gran acollida que as actividades do Mercado da Colleita tiveron até o momento na cidade. É o caso do Pop-Up Store que durante tres meses do pasado verán mostrou o mellor do rural en pleno centro da cidade e que atraeu a atención de miles de visitantes.

O obxectivo principal dos Parladoiros é que emprendedores exemplares do rural galego teñan a oportunidade de compartir as súas experiencias con todos aqueles interesados en coñecer de primeira man ideas e propostas que demostraron achegar un valor engadido e diferencial, e que poden servir de exemplo para o conxunto da sociedade.

Tres destacadas empresas, como son a Corporación Hijos de Rivera, Gadis e R, decidimos enfocar parte do noso compromiso social conxuntamente a través da creación do Mercado da Colleita, unha plataforma de iniciativas de quen comparten e propoñen ideas que impulsan o desenvolvemento competitivo de Galicia e a sustentabilidade do medio rural.

O rural como medio de vida

Unha das accións destacadas do Mercado da Colleita son os Parladoiros, un evento que presenta agora a súa terceira edición na que diversos relatores exporán a súa experiencia á hora de afrontar o rural como medio de vida. A través da súa historia, demostrarán que se poden alcanzar elevados estándares de calidade de vida, desenvolvemento persoal e profesional no rural.

Como exemplo, Juan Carlos Mascato de Esponjas Luffa contará como, tras un intenso traballo de investigación, chegou a cultivar esponxas a partir de vexetais. Tamén María Vitoria de Amorodo explicará porqué lanzouse no seu día á conservación de froitas e hortalizas ecolóxicas en tarros de vidro e, pola súa banda, Alexandre Cendón de Abella Lupa contará a súa transición da filosofía á apicultura cun proxecto de produción ecolóxica de mel.

Nas súas anteriores edicións, os Parladoiros convertéronse en todo un espectáculo no que os asistentes puideron gozar tanto das orixinais exposicións dos relatores como de interpretacións musicais e un san exercicio de humor sobre a vida no rural. Esta terceira edición pretende repetir un formato que tivo unha acollida moi positiva e que conseguiu pór en valor o esforzo e a iniciativa dos emprendedores do rural.

As entradas para asistir a este evento están á venda a través da web de Servinova. O seu prezo é de 15 euros e o total do recadado destinarase integramente ao "Programa de Apoio ao Emprendimiento Agroalimentario" da Fundación Juana de Vega.

O obxectivo principal dos Parladoiros é que emprendedores exemplares do rural galego teñan a oportunidade de compartir as súas experiencias con todos aqueles interesados en coñecer de primeira man ideas e propostas que demostraron achegar un valor engadido e diferencial, e que poden servir de exemplo para o conxunto da sociedade.