Os alumnos e profesores do Mestrado de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega realizaron unha intervención paisaxística no ámbito onde se celebraba o Festival de Cans en Porriño.

Share

Grazas a un convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega e a Asociación cultural Arela, promotora do Festival, os alumnos que actualmente están cursando o Mestrado de Arquitectura da Paisaxe, coa axuda dos profesores que o imparten, elaboraron unha lectura da paisaxe e da historia de la parroquia de Cans a través dunha cartografía e un levantamento da parroquia que se pode ver no blog www.canscape.tumblr.com.

Con motivo do Festival de Cans tamén se realizou una instalación no espazo público para os veciños e visitantes, recuperando os carreiros como espazo de tránsito e colonizando un espazo para o seu uso durante o festival.canscape plano

O festival de Cans desenvolvese anualmente na localidade pontevedresa de O Porriño, e participan curtametraxes realizados por produtores galegos, feitos en Galicia ou cuxo director sexa galego.