CONTRATACIÓN DUN SERVIZO DE FACILITACIÓN PARA PRESTAR APOIO NA XERACIÓN DUNHA REDE COLABORATIVA DE LIVING LABS DENTRO DAS ACTIVIDADES DO PROXECTO “COMUNIDADES ACTIVAS E PAISAXES RESILIENTES A INCENDIOS FORESTAIS E CAMBIO CLIMÁTICO (CAPRIF-CC)” FINANCIADO POLA FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE DO MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA E O RETO DEMOGRÁFICO NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA (PRTR), FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA-NEXT GENERATION EU
(Asistencia externa subacción 1.3.)
Resumo do proxecto
A Fundación Juana de Vega, xunto coa Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais Galicia Norte de Portugal (CEER), a Fundación Montescola, a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira (CETEMAS), é beneficiaria do proxecto CAPRIF-CC (Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático), financiado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.
O proxecto CAPRIF-CC ten por obxectivo xeral co-crear iniciativas innovadoras de xestión multifuncional do monte con comunidades rurais en ámbitos de alto valor natural e/o áreas queimadas de Galicia e Asturias para aumentar a súa resiliencia ante os incendios forestais e o cambio climático, demostrando a compatibilidade coa xeración de economía e emprego local, dentro do que se engloban os seguintes obxectivos específicos:
- Conservación de ecosistemas forestais biodiversos, resilientes e adaptados ao cambio climático mediante prácticas de selvicultura próximas á natureza e prácticas de restauración adaptativa nunha contorna participativa.
- Impulsar modelos de planificación e xestión forestal innovadores que incorporen os obxectivos de adaptación ao cambio climático e de fomento da biodiversidade.
- Impulsar a cohesión social e a gobernanza participativa na xestión forestal sostible e a conservación da natureza, promovendo a constitución dunha Rede que facilite o intercambio e a replicabilidade de experiencias exitosas no incremento da calidade de vida e a xeración de riqueza para as poboacións locais.
- Implementar modelos de economía verde e actividades xeradoras de externalidades positivas relacionadas coa xestión forestal sostible a través de investimentos privados que consideren a valoración económica dos servizos ecosistémicos e sistemas de pago que viabilicen a xestión e a restauración forestal activa cun enfoque de biodiversidade, auga e prevención de incendios.
O proxecto abordarase en 5 ámbitos de estudo (Ancares-Courel, Barbanza-Ulla-Sar, Macizo Central, Cangas de Narcea-Negueira de Muñíz e Valdés (Asturias)), onde levarán a cabo as seguintes accións:
- Xeración dunha rede colaborativa de Living Labs para unha transmisión fluída do coñecemento científico e técnico, fomentando a boa gobernanza ambiental e a participación social na conservación da natureza e na xestión territorial.
- Análise e estudo territorial para a revisión e elaboración de proxectos de ordenación de montes e definición de zonas estratéxicas de actuación para prevención de incendios forestais e conservación da biodiversidade.
- Desenvolvemento de actuacións piloto para a creación de paisaxes biodiversos, resistentes ao lume e resilientes ao cambio climático.
- Certificación FSC de xestión forestal e cadea de custodia ampliada a servizos ecosistémicos e establecemento de patrocinios, alianzas e pagos por carbono e biodiversidade.
- Desenvolvemento de actividades económicas sostibles que fomenten o emprego verde e o emprendemento rural.
Obxectivo do servizo
O obxectivo do servizo é o de dotar ao proxecto CAPRIF-CC dun equipo de facilitadores e dinamizadores especializados en metodoloxías áxiles e innovadoras que deseñen e desenvolvan, baixo supervisión da Fundación Juana de Vega, un proceso de participación pública no marco da creación dunha rede de living labs de innovación aberta e participativa. (Asistencia externa subacción 1.3.)
Características do servizo
A proposta debe incluír todas as accións que implique o proceso de participación entendendo como tales os labores de deseño metodolóxico, organización e convocatoria e dinamización dos diversos eventos e dinámicas dos mesmos, sendo necesarios tanto para crear a rede de living labs de innovación aberta como para para co-crear, testear e compartir solucións que contribúan a promover unha xestión forestal multifuncional nos ámbitos descritos e enlazándoas coas liñas temáticas recollidas no proxecto.
Accións a desenvolver
- Identificación de axentes e creación dun mapa de talento nos sectores produtivos que actúan como xestores do territorio nos 5 living lab e noutras comunidades locais de Galicia e Asturias.
- Definición de metodoloxías de participación máis adecuadas para as seguintes sesións de participación propositivas e networking para co-crear do modelo de xestión forestal multifuncional: 3 sesións en cada living-lab (para un total de 15) coa participación e apoio da Fundación Juana de Vega. Ata alcanzar o número de 100 participantes (50 homes, 50 mulleres).
- Planificación e preparación, en acordo coa Fundación Juana de Vega, das sesións de participación, incluíndo a reserva e xestión de locais e a preparación de espazos físicos de celebración dos eventos, incluíndo preparación e xestión de materiais e equipos informáticos necesarios para o desenvolvemento do proceso de participación.
- Comunicación e convocatoria dos axentes participantes vía telefónica e por correo electrónico, xestionando a confirmación de asistencia, actualización e seguimento das bases de datos da participación e as súas convocatorias.
- Dinamización e facilitación, co apoio da Fundación Juana de Vega, dos eventos de participación pública en modalidade presencial e co equipo humano oportuno, acordado previamente coa Fundación Juana de Vega.
Documentación final entregable: resultados
- Rexistro Excel cos datos de contacto e vinculación dos axentes aos eventos de participación.
- Informes de participación de cada evento individual incluíndo: información cuantitativa e cualitativa derivada dos métodos e obxectivos de recollida de información acordados previamente coa Fundación Juana de Vega.
- Informe final cos resultados totais do proceso en base de datos con formato dixital.
- Memoria gráfica do proceso, sendo necesario o rexistro fotográfico de cada un dos eventos organizados.
Documentación a incluír na oferta
- Memoria descritiva dos aspectos metodolóxicos relacionados con cada punto do apartado anterior.
- Oferta económica desagregada, incluíndo os gastos de desprazamento.
Prazo de execución das accións
- 7 meses
Criterios de selección
- Oferta económica.
- Contido e alcance da metodoloxía proposta.
- Calidade e adecuación da proposta aos obxectivos do proxecto.
- Experiencia demostrable en procesos de facilitación de temática similar.
- Inclusión de servizos adicionais que contribúan a mellorar o obxectivo da asistencia externa.
Prazo e forma de presentación da oferta
- O prazo para presentar a oferta estará aberto ata o luns, 8 de abril de 2024.
- As ofertas deberán ser remitidas ao correo bsuarez@juanadevega.org. Para dúbidas ou consultas chamar ao teléfono 981 654 637.