O Grupo Operativo TERRACTIVA presenta resultados no V Foro de Innovación Produtiva no Sector Agrario

Share

Os socios do Grupo Operativo TERRACTIVA asistimos o 27 de marzo ao V Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario organizado por AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Xunta de Galicia) para dar conta dos principais resultados do proxecto. Nesta xornada presentáronse outros dez proxectos innovadores vinculados ao sector agrícola. O evento tivo lugar no Pazo de Fontefiz, en Coles, Ourense.

O obxectivo de TERRACTIVA foi dotar aos asesores agrarios de ferramentas que facilitasen o proceso de incorporación dos novos entrantes ao sector agrogandeiro en Galicia. Para iso, entre outros recursos, elaboráronse unha serie de guías técnicas nas que colaboramos desde a Fundación Juana de Vega. En xeral, todas as ferramentas editadas polo Grupo Operativo TERRACTIVA poden consultarse na web www.terractiva.es.

Consorcio
Ademais da Fundación Juana de Vega, o consorcio do Grupo Operativo TERRACTIVA estivo formado polo Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, LaboraTe – Laboratorio do Territorio (Campus Terra USC), a cooperativa Horsal; e participaron Slow Food Compostela, a cooperativa Granxas de Lousada S.C. e a empresa hortícola HortaEco.