O Grupo Operativo Terra activa é elixido para partipar nunha visita cruzada da Rede PAC na Toscana

Share

Tres dos socios do Grupo Operativo Terra Activa asisten durante dous días, entre hoxe mércores 28 e mañá xoves 29 de xuño, á visita cruzada de EU CAP Network (EU Food & Farming) "Optimización da cadea de suministro e de valor da agricultura ecolóxica" na Toscana, Italia.

Van ser dúas xornadas intensas [ver aquí o programa] para coñecer 𝑖𝑛 𝑠𝑖𝑡𝑢 outros proxectos e o seu traballo, expoñer as accións levadas a cabo polo Grupo Operativo Terra Activa (terractiva.es) e intercambiar en persoa aprendizaxes en innovación no marco da produción agrícola sostible.

Esta visita técnica será tamén unha magnífica oportunidade para xestar posibles colaboracións no futuro con outros grupos operativos e á que, de seguro, Elena López, técnica de proxectos de Investigación e Innovación da Fundación Juana de Vega, Guillermina Fernández-Villar, técnica de EFA Fonteboa; e Sergio Boado, de Granxas de Lousada, aproveitarán ao máximo.

Que é Terractiva?
Terractiva busca a mellora das capacidades técnicas e a xeración de recursos para potenciar o apoio aos novos entrantes no proceso de incorporación á agricultura. Novos entrantes no sector agroalimentario son aquelas persoas que, sen experiencia nin vinculación previa no sector, deciden converter a súa inquietude pola coidado da terra na súa profesión. Terra activa está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, en nun 20% polos fondos da Administración Xeral do Estado. 

Consorcio do Grupo Operativo Terra Activa


Entidades beneficiarias:

Entidades colaboradoras:

Galería de fotos: