O cuarto boletín de DOWN TO EARTH cerra o segundo ano de proxecto centrado no estudo das barreiras de acceso para novos agricultores

Share

No cuarto boletín de DOWN TO EARTH (cofinanciado por Interreg) faise un repaso da actividade dos pasados meses e péchase o segundo ano de execución do proxecto, que se centrou en investigar as "Barreiras de acceso para novos agricultores en zonas despoboadas”. Neste sentido, os oito socios rexionais identificaron 14 casos de boas prácticas nos seus territorios que son innovadores, sostibles e replicables.

En Galicia, a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), presentaron seis das boas prácticas:

Neste cuarto boletín de DOWN TO EARTH tamén se inclúe un resumo da visita de estudo á rexión de Gorenjska, en Eslovenia, da que foi anfitrión a BSC Kranj, Regional Development Agency of Gorenjska (foto 1 de grupo), así como da segunda conferencia temática que levou a cabo de forma paralela (foto 2).