O Clúster Alimentario de Galicia, convoca a II Edición dos Premios Galicia Alimentación

Share

Na segunda edición premiaranse tres categorías:

  • Premio Galicia alimentación ao produto innovador do ano
  • Premio Galicia alimentación ao proxecto empresarial do ano
  • Premio Galicia alimentación á internacionalización

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 6 de maio de 2016 ás 24:00 horas.

Máis Info en: www.clusteralimentariodegalicia.org

O Clúster Alimentario de Galicia, convoca a II Edición dos Premios Galicia Alimentación co fin de incentivar a promoción dos produtos alimentarios e bebidas galegas, os proxectos e as empresas e institucións relacionadas, mellorar a súa imaxe e posición de forma que adquiran unha importancia relevante tanto dentro do sector alimentario, como da sociedade en xeral.