Novas

Javier Corrochano, relator na xornada técnica Máis aló do custo: estratexias de prezo para produtos agroalimentarios: “O prezo debe ser unha decisión estratéxica, non automática”

Nesta entrevista con Javier Corrochano, consultor do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega e de IUNI Consulting, avanzamos varios temas clave dos que mañá falaremos na xornada técnica “Máis aló do custo: estratexias de prezo para produtos agroalimentarios” que organizamos en colaboración coa EFA Piñeiral de Arzúa (A Coruña).

Ampliar

O proxecto europeo ECOSPHEREWINES valida solucións naturais para mellorar a resiliencia e produtividade do viñedo

Durante un encontro técnico da DOP Montilla-Moriles presentáronse os avances obtidos desde 2024 en catro zonas de alto valor natural de España, Francia e Portugal.
As investigacións confirman os beneficios das Solucións Baseadas na Natureza (SBN) para potenciar os servizos ecosistémicos proporcionados polas paisaxes vitivinícolas.
A Fundación Juana de Vega é a entidade coordinadora de ECOSPHEREWINES.

Ampliar

Xornada técnica en Arzúa sobre estratexias de prezo para produtos agroalimentarios

A Fundación Juana de Vega e a EFA Piñeiral (Arzúa, A Coruña) volvemos colaborar nesta xornada de formación continúa na que abordaremos as estratexias para aprender a fixar os prezos dos produtos agroalimentarios con criterio, comunicando valor e reforzando a rendibilidade da nosa marca. Terá lugar o xoves, 9 de abril con 10 prazas reservadas para profesionais do sector. Asistencia de balde.

Ampliar