Networking no Polo de Ferrol

Share

Este 20 de maio, o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Ferrol celebrou unha xornada de networking con 35 persoas beneficiarias da entidade onde compartiron os seus proyectos, crearon redes de contacto e estableceron sinerxias e colaboracións.

A dinámica celebrouse en mesas de traballo na sede do CIS Tecnoloxía e Deseño, con unha duración de tres horas e un formato speednetworking que serviu para crear lazos e sentirse arroupado por persoas cos mismos problemas e inquedanzas.