Networking e emprendemento en acción para os beneficiarios do Polo de Ferrol

Share

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Ferrol celebrou o martes, 20 de maio a segunda xornada de networking con 35 persoas beneficiarias durante a que compartiron os seus proxectos, crearon redes de contacto e estableceron sinerxías e colaboracións.

A dinámica celebrouse en mesas de traballo na sede do CIS Tecnoloxía e Deseño, cunha duración de tres horas e un formato speed networking que serviu para crear lazos e sentirse arroupado por persoas cos mismos problemas e inquedanzas.