A Facultade de Xeografía e Historia (Aula 9, 12.00h) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle o próximo 16 de febreiro a conferencia "Conceptos clave para a historia das mulleres e das relacións de xénero" de Marga del Moral Vargas. Será no marco do Máster de Historia Contemporánea e está promovida pola Cátedra Juana de Vega.
Este relatorio está dedicada a introducirnos na historia dos debates de ao redor do nacemento da historia das mulleres nos anos 70 (s. XX) e ao desenvolvemento do concepto de xénero (Scott, 1988), así como a súa importancia para a transformación da historiografía desde a década dos 90. Del Moral abordará tamén a adopción doutras categorías máis recentes, como as masculinidades e a renovación da perspectiva de xénero na procura dunha historia integradora das relacións entre homes e mulleres no pasado, tendo en conta os roles de xénero hexemómicos e transgresores, a identidade sexual e a orientación de xénero.
Currículum
Marga del Moral Vargas é profesora contratada doutora do Departamento de Historia Moderna e Historia Contemporánea da Universidade Complutense de Madrid e está acreditada como profesora titutar de universidade. Desde 2020, dirixe o Grupo de Investigación Consolidado UCM: "Relacións de xénero no mundo contemporáneo: unha perspectiva interdisciplinar desde a Historia, a Xeografía e o Dereito". As súas liñas de investigación céntranse na historia da acción colectiva feminina na España do primeiro terzo do século XX e as súas conexións internacionais, a presenza das mulleres nos poderes locais e o liderado político feminino.
O seu traballo foi recoñecido a través de varios premios como o IV Premio Juana de Vega de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais (Modalidade A. Teses doutorais) en 2010, o V Premio a Teses doutorais da Asociación Española de Investigación en Historia das Mulleres (AEIHM) en 2010 e o XXIX Premio de Divulgación Feminista Carmen de Burgos, da Universidade de Málaga 2022.