A posta en marcha de experiencias agroecolóxicas innovadoras é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións.
Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo as problemáticas existentes e propondo alternativas, co obxectivo de dinamizar o medio rural e afondar na súa sustentabilidade.
