Os solos son un elemento esencial para a vida humana e a conservación do medio ambiente. Cando o solo está san proporciona numerosos beneficios á sociedade, mellorando a saúde, a economía e a calidade de vida das persoas. Estes beneficios son o que denominamos servizos ecosistémicos. Este ano, a Organización das Nacións Unidas celebra o Día Mundial do Solo 2024 baixo o lema "Cuidar os solos: medir, monitorear e xestionar" para destacar a importancia de contar con datos e información precisos sobre o chan para comprender as súas características e apoiar a toma de decisións informadas sobre o manexo sostible do chan para garantir a dispoñibilidade global de alimentos.

Na Fundación Juana de Vega participamos en distintos proxectos de investigación e innovación que teñen como obxectivo último aumentar o coñecemento en torno aos solos e a súa conservación e promover a adopción de prácticas que lle permitan aos solos desempeñar a súa función clave nos ecosistemas.
Neste sentido, estamos actualmente colaborando con outras 21 entidades europeas no proxecto BIOservicES (cofinanciado polo programa Horizonte Europa), que se centra en investigar como os distintos organismos presentes nos solos contribúen á provisión de servizos ecosistémicos que benefician á sociedade no seu conxunto. O proxecto pretende tamén identificar como o cambio climático e os distintos modelos de xestión da terra lle afectan aos organismos do solo. O coñecemento xerado neste proxecto servirá para informar o deseño de prácticas de xestión da terra máis respetuosas coa biodiversidade dos solos e máis resilientes ante o cambio climático.
Máis centrado no sector vitivinícola, desde a Fundación Juana de Vega coordinamos o proxecto ECOSPHEREWINES (cofinanciado polo Interreg Sudoe), que ten como obxectivo mellorar os servizos ecosistémicos prestados polas paisaxes de viñedo. Para iso, traballamos con distintas entidades de España, Francia e Portugal no deseño e execución dunha serie de solucións baseadas na natureza que contribúan, entre outros obxectivos, ao aumento da biodiversidade, a conservación e a mellora da resiliencia dos solos fronte ao cambio climático.
Outro proxecto no que colaboramos e tamén centrados no solo é SoildiverAgro, do que somos entidade asesora.
Formación práctica para as persoas
No eido da formación, na Fundación Juana de Vega temos organizado varias xornadas e cursos para dar a coñecer modelos alternativos de produción de alimentos baseados en aumentar a fertilidade dun recurso básico para ter un solo vivo e produtivo. Dúas das ultimas foron as I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa, que tiveron lugar en febreiro de 2024, e o curso co experto internacional en agricultura orgánica, Jairo Restrepo, en octubro deste mesmo ano.
En xeral, a actividade da Fundación Juana de Vega está orientada ao respecto da biodiversidade e dos ecosistemas. Esta aposta é unha visión estratéxica a longo prazo, con resultados lentos, pero gran rendibilidade económica e social que contribúe a conservar o noso patrimonio natural.
