Inaugurado o Centro de Orientación, Emprendemento e Innovación para o Emprego, que actuará como ligazón coa Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego

Share

O xoves, 3 de outubro quedou inaugurado o Centro de Orientación, Emprendemento e Innovación para o Emprego de Galicia, que ten como principal obxectivo coordinar todas as actividades relacionadas co emprendemento e a orientación laboral na Comunidade, impulsando ademais un enfoque innovador en materia de emprego. O acto estivo presidido polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández.

Ademais de canalizar e fomentar as sinerxías de todo o ecosistema laboral, o novo centro actuará tamén de ligazón entre as Oficinas de Emprego e a Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego, que conta agora mesmo con 14 centros activos por todo o territorio. O COE está situado no barrio de Elviña, na cidade da Coruña.

Por parte da Fundación Juana de Vega, como entidade coordinadora da Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego e xestora do Polo de Ferrol, asistiron o director, José Manuel Andrade, e o técnico coordinador da Rede, David F. Veloso.