Inauguración en Santiago da exposición "Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século"

Share

Este mércores, 8 de febreiro inauguramos en Santiago a exposición "Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século". Poderá visitarse no claustro alto do Colexio de Fonseca durante case dous meses, ata o 5 de abril.

Trátase dunha mostra itinerante sobre a vida e traxectoria de Juana de Vega, desde o seu nacemento ata o falecemento.

No acto participaron a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Mª del Pilar Murias Fernández; a directora da Cátedra Juana de Vega, Luisa Muñoz Abeledo; o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, e o comisario da exposición, Xosé Ramón Veiga.