Inauguración en Ourense da exposición "Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século"

Share

A exposición "Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século", organizada pola Fundación Juana de Vega, pode verse desde hoxe na entrada do edificio de Ferro do campus de Ourense.

No acto de inauguración estiveron a vicerreitora do campus de Ourense, Elena Rivo, o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, e o tenente alcalde da cidade, Armando Ojea.

A exposición, que dá a coñecer a vida e traxectoria da nosa fundadora, Juana de Vega, estará aberta ao público no campus de Ourense ata o 26 de maio.