A conmemoración do bicentenario da Constitución de 1812 estimula a reflexión sobre a natureza da revolución liberal española e a súa incidencia en todas as dimensións da existencia social, desde o sistema polÃtico e as ideoloxÃas e identidades aos cambios sociais e económicos. A Cátedra Juana de Vega decidiu escoller, para a edición do seu congreso bianual, do que agora se publican as actas, un aspecto, a cuestión territorial, que probablemente non ocupe un lugar central noutras reunións cientÃficas. Trátase non só de analizar o deseño da distribución territorial do poder nas Constitucións e no seu desenvolvemento lexislativo, senón tamén de comprobar a súa aplicación efectiva e de contemplar as actitudes de apoio ou de oposición nas rexións/reinos da MonarquÃa e as súas relacións coas ideoloxÃas e cos diversos conxuntos de intereses socioeconómicos en presenza. Esta aproximación busca un mellor coñecemento, por unha banda, das raÃces das estruturas das Administracións Públicas españolas en século XIX e, por outro, das orixes das tensións rexionais/nacionais que, aÃnda que nesta época non están aÃnda no primeiro plano da axenda polÃtica, si o estarán a partir do último cuarto deste século e durante todo o seguinte.
Justo Beramendi, Xosé Ramón Veiga
274 p. - 170 mm x 240 mm
2014 - ISBN-13: 978-84-16183-00-5