Aberta a convocatoria dos Premios Galicia Alimentación 2024
Como novidade nesta X edición, haberá cinco Premios Galicia Alimentación distribuídos en dúas categorías: “Alimentos e Bebidas” e “Iniciativas do Sector Alimentario”.
Dona Juana de Vega e Martínez naceu na Coruña o 7 de marzo de 1805. Os seus pais, D. Juan Antonio de la Vega, de Mondoñedo, e Dª María Josefa Martínez, de Monforte de Lemos, instaláronse na Coruña despois de que o seu pai regresase de Cuba. Neste país, Juan Antonio de la Vega, de orixe moi humilde, fixera fortuna como empresario.
Juana de Vega recibiu unha completa formación en Letras e Humanidades, ademais de inculcarlle o gusto pola lectura e a cultura en xeral, que mantivo o resto da súa vida.
A influencia dos seus pais resúmese facendo referencia aos dous eixos que marcaron a súa vida. A Juan Antonio de la Vega débelle a súa filla o seu activismo político e a Mª Josefa Martínez, a súa discreción e a súa paixón por axudar aos máis desfavorecidos.
Como novidade nesta X edición, haberá cinco Premios Galicia Alimentación distribuídos en dúas categorías: “Alimentos e Bebidas” e “Iniciativas do Sector Alimentario”.
Ao ser a primeira destas publicacións da colección Paisaxe Galega, cómpre actualizar os seus contidos para adaptalos ás especificacións do regulamento da lei de protección da paisaxe, do Catálogo das paisaxes e das directrices da paisaxe, que foron aprobadas despois da redacción da devandita guía.
Acudirán o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte e o autor do libro, Xosé Ramón Veiga Alonso.