Oleiros, 24 de febreiro de 2017
Galicia, polas súas características climáticas e edafológicas produce unha planta ornamental que conta cunha vantaxe competitiva importante fronte a outras producións doutros territorios.
A Asociación de Empresarios Viveiristas do Noroeste (ASVINOR) creou e rexistrou a marca colectiva PLANTA ORNAMENTAL DE GALICIA, para identificar a orixe empresarial das plantas ornamentais producidas en Galicia polos membros da asociación que cumpran cos requisitos establecidos no Regulamento de Uso da Norma de Calidade para a planta ornamental de Galicia. A Norma, que será a referencia técnica para o uso da marca, foi desenvolvida de maneira colaborativa polos produtores viveristas, a Xunta de Galicia e a Fundación Juana de Vega. A Marca utilizarase xunto coa de “Galicia Calidade”, para garantir orixe, calidade, estandarización e trazabilidad da Planta Ornamental de Galicia.
Os vindeiros días 9 e 10 de marzo levaranse a cabo tres xornadas informativas do uso da marca para aquelas persoas interesadas.
Data e Lugar:
Participan: Pedro Calaza (Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega), Santiago Ramos (Técnico de ASVINOR) e Javier de Miguel (Director técnico de “Galicia Calidade”).
Dirixido a: A profesionais da produción e comercialización de planta ornamental e outras persoas interesadas.
Máis información e inscricións en
www.juanadevega.org
info@juanadevega.org ou no teléfono 981.65.46.37
No acto, entregáronse 9 certificados ás empresas que xa producen planta baixo a certificación Planta Ornamental de Galicia- Galicia Calidade Os viveiros que obtiveron esta certificación pioneira ...
A Fundación Juana de Vega leva traballando varios anos co sector da planta ornamental de Galicia para a elaboración dunha norma de calidade que permita diferenciar as nosas producións das doutras z...