"Usos socias de parques periurbanos, xardins botánicos e outras áreas forestais"

Os vindeiros 29 e 30 de abril, terá lugar no Castelo de Santa Cruz (Lians – Oleiros) o Seminario Internacional USOS SOCIAS DE PARQUES PERIURBANOS, XARDINS BOTÁNICOS E OUTRAS ÁREAS FORESTAIS que ten por obxectivos divulgar as funcións e os servizos que os parques e xardíns botánicos, así como outras áreas forestais prestan a nosa sociedade, e poñer en valor o patrimonio forestal como recurso educativo e os parques e xardíns como reservorios da vida.

O seminario está dirixido a:

  • Profesionais que exercen o seu traballo en parques e xardíns botánicos
  • Técnicos municipais e responsables da área de parques e xardíns
  • Persoal técnico responsable das aulas forestais e axentes vencellados ao sector forestal
  • Responsables das áreas do medio rural, medio ambiente e educación
  • Paisaxistas e persoal vencellado ao sector da arboricultura, xardinería e arquitectura
  • Educadoras e educadores ambientais, intérpretes do patrimonio e guías turísticos
  • Profesores e estudantes universitarios
  • Público xeral

Descargar programa


Comentarios