Xa está dispoñíbel para consulta o documento de conclusións e os vídeos divulgativos do Seminario de Paisaxe O carácter da paisaxe: o Camiño Inglés, a vila e o viñedo das Mariñas de Betanzos, levado a cabo pola Fundación Juana de Vega os días 1,2,3 e 4 de setembro de 2021, co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo, de apoio a proxectos de dinamización do Xacobeo 2021-2022, e a colaboración do Concello de Betanzos.
Oleiros, 14 de outubro de 2021.- A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega levou a cabo o seminario internacional da paisaxe co título O carácter da paisaxe: o Camiño Inglés, a vila e o viñedo das Mariñas de Betanzos, durante os días 1, 2, 3 e 4 de setembro de 2021. Este evento só foi posíbel grazas ao patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo ―destinado ao apoio a proxectos de dinamización do Xacobeo 2021-2022― e contou coa inestimábel colaboración do Concello de Betanzos.
O formato do seminario, coordinado polo Dr. Valerià Paül Carril, foi unha combinación de intervencións dos expertos nas distintas materias e visitas de campo nas que os/as participantes puideron observar sobre o terreo as cuestións tratadas e tomar contacto co territorio. O contido das relatorías permitiu ao alumnado profundar nas distintas materias obxecto do seminario, da man de expertos/as nos distintos eidos no ámbito nacional e internacional. Durante as xornadas do seminario realizáronse tres visitas de campo, coincidentes coas tres liñas temáticas que centraron as reflexións (os viñedos, a vila de Betanzos e o Camiño Inglés). O seu obxectivo principal consistía en acadar un coñecemento do territorio que permitise formular unha diagnose e propostas dentro das temáticas analizadas.
Así, acadouse un discurso coherente sobre a paisaxe do ámbito estudado, ao redor do seu carácter identitario, que tenta contribuír a un desenvolvemento sustentábel da comarca abranguendo, ao mesmo tempo, aspectos ambientais, económicos e sociais.
A publicación das conclusións do seminario recolle todo este proceso, incluíndo os principais contidos tratados nas relatorías e mesas redondas, así como os debates centrais que se produciron durante as visitas de campo, as propostas realizadas polos alumnos e alumnas e as reflexións acadadas. Acompáñanse de dous vídeos divulgativos que axudan a comprender o desenvolvemento e conclusións do seminario internacional de paisaxe.
Descargar PDF Conclusions seminario
El acto de inauguración, que tivo lugar no Matadoiro Antigo de Betanzos, contou coa asistencia da alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel And...
Xa está aberta a matrícula para esta actividade, organizada pola Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xaco...
A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo, de apoio a proxectos de dinamización do Xacobeo 2021-2022, ...