O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez, presentaron a Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego, coordinada pola Fundación Juana de Vega.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020.- A Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego, en cuxa elaboración a Fundación Juana de Vega exerceu a función de coordinadora, foi presentada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez, nun acto telemático celebrado desde a Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
Tanto o presidente como o conselleiro remarcaron a aposta decidida da Xunta por este sector económico, primordial para Galicia, que consolidou a súa relevancia na última década, tanto a nivel español, cunha produción próxima ao 40% do total nacional, como europeo, situándose entre as dez principais rexións produtoras da UE. Tamén incidiron na importancia de que este traballo se levase a cabo tendo en conta a todo o sector, para o que se realizaron diferentes mesas sectoriais, unha enquisa a 367 gandeiros e entrevistas persoais cos axentes claves do sector. O traballo anterior foi completado cun estudo de gabinete realizado por un equipo da Fundación Juana de Vega, en virtude do convenio de colaboración subscrito coa Consellería do Medio Rural para a elaboración da Estratexia.
Ao longo do acto fóronse debullando os aspectos principais da Estratexia, coa que se quere consolidar a Galicia como unha das principais rexións lácteas, cun alto nivel de competitividade, sostibilidade e capacidade de resiliencia. O documento baséase en cinco eixes estratéxicos ou ámbitos de actuación, tres deles principais (produción, industria e mercados) e dous transversais (cadea de valor e formación e innovación). Para cada un destes eixes fixáronse uns obxectivos estratéxicos que recollen unha serie de medidas (39 en total) que se concretan en fichas nas que se relacionan as accións (125 en total) a desenvolver. Entre as accións citadas ao longo da presentación poden destacarse, no ámbito da produción:
No ámbito da industria:
No ámbito de mercados:
No ámbito da cadea de valor:
E por último, no ámbito da formación e innovación:
A Fundación Juana de Vega e a Consellería do Medio Rural asinaron un convenio de colaboración para a elaboración da Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego....