Novas / Outras

O xurado do certame Vilas en Flor completa as visitas aos 29 concellos participantes para deliberar sobre a súa xestión paisaxística e ambiental

8 Outubro 2021

#vilasenflor

Está formado por un equipo de dez expertos de universidades, administracións e entidades públicas e privadas, que destacaron o interese e a disposición dos técnicos e xestores dos municipios

Na súa avaliación para conceder as Flores de Honra aos concellos analizarán a implantación e xestión de espazos verdes, así como a contribución das políticas ambientais ao desenvolvemento económico e turístico dos municipios

A iniciativa, que na súa cuarta edición culminará coa concesión de galardóns aos concellos, está organizada pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar)

Oleiros, 6 de outubro de 2021.- A edición 2021 do programa "Vilas en Flor" avanza a bo ritmo, tras a visita dos membros do xurado aos concellos participantes nesta iniciativa, impulsada pola Fundación Juana de Vega, que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos. Este ano, o cuarto en que se celebra este certame que segue o modelo de grandes pioneiros en paisaxismo como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia ou Canadá, bateuse o récord de participación, con 29 municipios. Todos eles aspiran a recibir as flores de honra (ata un máximo de cinco), coas que se valoran as accións desenvolvidas para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.

O equipo do xurado desde programa, organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), e patrocinada por destacadas empresas: Rain Bird, Husqvarna e Piaggio, está formado por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. Son un total de dez expertos, desde docentes universitarios ata enxeñeiros agrícolas de entidades públicas e privadas, arquitectos e mesmo historiadores, tanto de Galicia como de Portugal. Están conformados en cinco grupos, que tras realizar as correspondentes visitas están abordando as avaliaciones en base aos criterios do sistema de valoración, gracias á disposición, interese e facilidades amosadas tanto polos responsables técnicos como institucionais dos concellos nos que se realizaron as visitas e que acompañaron aos membros do xurado durante os percorridos polas localidades.

O proxecto persegue a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos, así como a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación. Por tanto, o xurado deberá avaliar aspectos como a adecuada implantación e xestión dos espazos verdes realizada polos concellos, así como a contribución das súas políticas ambientais ao desenvolvemento económico local, xerando máis actividade económica derivada do propio sector da planta ornamental e da xardinería así como dun previsible aumento de visitas turísticas.

Relación de concellos participantes:

  • Provincia de Pontevedra: A Guarda, Baiona, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, Gondomar, Lalín, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Mondariz, Vilagarcía.
  • Provincia de Ourense: Allariz, Carballiño.
  • Provincia da Coruña: Betanzos, Culleredo, Fene, Narón, Ortigueira, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Oza, Miño.
  • Provincia de Lugo: Chantada, Mondoñedo, Sarria.

Expertos integrantes do xurado

  • María Isabel Iglesias Díaz. Doutora en Ciencias Biolóxicas. Profesora titular na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Carlos Cárcamo Álvarez. Enxeñeiro técnico agrícola municipal do Concello de Ourense.
  • Camino Nicolás Velado. Directora do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo.
  • Lois Arenas Barreiro. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Xefe de explotación CFEA Guísamo.
  • Silvia V. Caffaro. Doutora Enxeñeira Agrónoma. Empresa: Viveros Florgalicia S.L.
  • Xurxo Xoán González Conde. Administrador de Viveiros Adoa 
  • Domingos Manuel Mendes Lopes. Director da Graduation de Arquitetura Paisagista da UTAD. Profesor do Departamento de Ciências Florestais e Arquitetura Paisagista da Universidade de Trás-os-Montese Alto Douro (UTAD)
  • Manuel Torres Lavandeira. Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Profesor titular na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Manuel Rodilla del Barrio. Arquitecto Técnico.
  • Javier Padin Martínez. Arquitecto técnico e historiador.

Novas relacionadas

Allariz, sede este ano da entrega de Vilas en Flor, obtén o maior recoñecemento xunto con Chantada no certame que premia os concellos con mellor xestión de espazos verdes

O certame, impulsado pola Fundación Juana de Vega, bateu récords de participación, con 30 concellos que obtiveron entre unha e catro flores de honra recoñecendo a posta en valor da súa paisaxe ur...

Entrega dos galardóns do certame Vilas en Flor Galicia 2021

A entrega dos galardóns de Vilas en Flor Galicia celebrarase o 17 de novembro en Allariz, para distinguir a posta en valor da paisaxe de 30 concellos de toda Galicia Un xurado experto no ámbito pro...

O certame “Vilas en Flor” vén de emitir o fallo para outorgar as súas distincións aos concellos participantes nesta terceira edición que puxo en valor o deseño, xestión e mantemento dos espazos verdes urbanos coas súas flores de honra para os 26 concellos

Chantada e Allariz acadan de novo as catro flores de honra. O xurado distinguiu tamén a Caldas de Reis, Lalín, Tomiño e Salvaterra de Miño con tres flores; a os de A Guarda, Baiona, Carballiño, C...

Chantada e Allariz acadan as catro flores de honra como as vila máis fermosas de Galicia no certame Vilas en Flor

O xurado distinguiu tamén a Caldas de Reis e Salvaterra con tres flores. Ademáis de Portomarín, Ponteceso, Tomiño, Mondoñedo, A Guarda, Culleredo, Cuntis, Carballiño e Betanzos con dous. Pola s...

Os concellos de Chantada e Allariz recoñecidos pola boa xestión dos espazos verdes.

Nesta primeira edición do programa, impulsado pola Fundación Juana de Vega, AGAEXAR e ASVINOR, participaban tamén Caldas de Reis, con tres flores de honra; Betanzos, con dous, e Ortigueira, que lev...

A Fundación Juana de Vega, ASVINOR e AGAEXAR poñen en marcha en Galicia, o programa internacional Vilas en flor

Anualmente outorgaranse as Flores de Honra (entre unha e cinco flores) aos municipios participantes elixidos por un xurado especializado, como recoñecemento tanto a traxectoria como as accións levad...


Actividades relacionadas

Vilas en flor

Un recoñecemento ao labor dos municipios por mellorar o seu espazo urbano...


Comentarios