Novas / Promoción Agroalimentaria

Os máximos representantes das adegas galegas analizarán en Santiago os desafíos na comercialización e internacionalización do viño que se produce na comunidade.

A Fundación Juana de Vega centrará as súas IV Xornadas de Comercialización Agroalimentaria nas tendencias e oportunidades na
comercialización do viño

As sesións contarán coa participación de prestixiosos expertos, entre eles o empresario y adegueiro Carlos Falcó, marqués de Griñón.

Oleiros, 18 de novembro de 2010.- Galicia produce viños de calidade, cada vez mellor posicionados no mercado e a industria está asumindo retos cada vez máis ambiciosos, o que situou ó sector como “un dos mellor preparados da agroindustria para non só capear a actual crise económica, se non incluso para seguir crecendo, apoiándose fundamentalmente na exportación” sinala José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega.

Consciente dos desafíos que se presentan de cara ao futuro, a Fundación Juana de Vega centrou as súas IV Xornadas de Comercialización Agroalimentaria nas tendencias e oportunidades na comercialización do viño. Este encontro celebrarase na vindeira semana en Santiago de Compostela e contará coa presencia de Carlos Falcó, Marqués de Griñón.

Estas xornadas constituirán un punto de encontro para que directivos e técnicos de adegas e empresas vitivinícolas poidan debater sobre a situación actual do sector e das estratexias a adoptar no ámbito da comercialización do viño. Dese modo, prestarase especial atención á evolución e tendencias do consumidor tanto a nivel nacional como internacional, estudarase como posicionar un viño de calidade a través da estratexia de marca e evaluarase a oportunidade que presenta as novas tecnoloxías da información e comunicación ao servizo do marketing relacional. Un dos aspectos máis importantes de este encontro será a búsqueda de estratexias ante os retos que deben afrontar as empresas galegas no proceso de internacionalización, analizando casos de éxito e as mellores prácticas do sector.

As xornadas, coordinadas por Laurentino Bello e Antonio Ramos, están dirixidas a xerentes, directores, responsables e propietarios de adegas, así como directores comerciales e de marketing ou exportación abrindo a porta tamén á participación de calquer persoa interesada na problemática do sector.

As xornadas comezarán o venres 26 de novembro ás 9.30 horas no hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela. Trala inauguración abordarase a primeira sesión de traballo, centrada na análise da situación, profundizando no presente e no futuro do sector. A primeira conferencia tratará sobre o mundo dos consumidores de viño de calidade, contando para elo coa intervención do director de operacións de Wine Intelligence, Richard Halstead, que ofrecerá información sobre a evolución de tendencias, consumos e características dos consumidores para os diferentes paises aos que se dirixen os viños galegos, así como de otros países que van a ser os retos inmediatos como Brasil China e Rusia.

A continuación celebrarase unha ponencia na que Michel Bourqui, fundador e delegado da Asociación Universitaria Internacional da Viña e o Viño, ofrecerá as súas reflexións sobre o sector internacional do viño e os seus retos, desde a perspectiva da industria do viño.

A sesión matutina concluirá cunha conferencia do director xeral do Observatorio do Mercado do Viño, Rafael del Rey Salgado, sobre a evolución de tendencias e consumos do viño no mercado español, así como estratexias que está a adoptar a industria nacional.

Xa pola tarde, a sesión centrarase nas estratexias de comercialización e estará moderada por Agustín Ruiz Vega, catedrático de Marketing da Universidade de la Rioja. O primeiro ponente será Julio Cerviño, consultor e progesor de Comercialización e Investigación na Universidade Carlos III, que abordará a xestión estratéxica da marca no mundo do viño. A continuación intervirá Jesús Rebollo González, director de Marketing Internacional de Lavinia, que disertará sobre marketing relacional. Para rematar, pechará estas sesións Carlos Falcó, Marqués de Griñón, que impartirá a conferencia de clausura expoñendo as súas experiencias como adegueiro.


Novas relacionadas

A Fundación Juana de Vega celebra unhas xornadas sobre comercialización alimentaria para analizar estratexias de venda e posta en valor de produtos galegos de calidade.

O encontro, organizado pola Fundación Juana de Vega, celebrarase o xoves 24 de novembro na sede da entidade, aberto a produtores comercializadores e técnicos. A xornada centrarase nos produtos loca...

A Comisión Europea estuda implantar unha marca común para todos os produtos locais de calidade dos países membros para pontenciar a venda directa no sector agroalimentario.

Así o anunciou hoxe Michael Erhart, Xefe da Unidade de Política de Calidade dos Produtos Agrícolas da direción xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea, na inauguración d...

I xornadas de comercialización agroalimentaria

A Fundación Juana de Vega no marco das súas iniciativas de formación en xestión de empresas agroalimentarias, organiza as I Xornadas de comercialización agroalimentaria, nas que se analiza a prob...


Actividades relacionadas


Comentarios