A Fundación Juana de Vega e a Delegación do Colexio de Arquitectos de  Ourense organizan as xornadas "A VIVENDA E A PAISAXE" e unha exposición "Vivendas destacadas no premio Juana de Vega de Arquitectura 2004-2008".

A exposición, que recolle 18 vivendas galardoadas con premios, accesits e finalistas, permanecerá aberta ao público do 21 de maio ao 11 de xuño no ATENEO.

A Fundación Juana de Vega creou no ano 2004 un premio  anual de arquitectura para premiar a mellor  vivenda unifamiliar rematada no medio non urbano de Galiza no ano anterior.

Un obxectivo principal do premio é a difusión de exemplos de vivendas axeitadas para o espazo non urbano de Galiza, que respecten o entorno e manteñan a calidade paisaxística do territorio.

Co albo de debater a integración da vivenda no entorno natural, a Fundación Juana de Vega e a Delegación do COAG de Ourense organizan as xornadas "A vivenda e a paisaxe" e unha exposición "Vivendas destacadas no premio Juana de Vega de Arquitectura 2004-2008".

As xornadas iniciaranse o día 21 de maio coa inauguración da exposición no ATENEO a cargo do Presidente da Fundación Juana de Vega, D. Enrique Sáez Ponte, do Presidente do COAG de Ourense D. Xan Xosé Rodríguez e do Arquitecto Mario Crecente que pronunciará a conferencia "A paisaxe como recurso".

Terán continuidade o día 28 de maio cunha conferencia do arquitecto Alfonso Penela "Arquitectura e paisaxe" seguida dunha mesa redonda.

O xoves 4 de xuño o arquitecto Quico Jorreto pronunciará a conferencia "As novas vivendas e a paisaxe", tamén seguida dunha mesa redonda con arquitectos premiados pola Fundación.

As xornadas pecharanse o día 11 de xuño cunha conferencia do arquitecto Ourensán Alfredo Freixedo Alemparte "A percepción da arquitectura e o medio".


Actividades relacionadas

Xornadas: "A vivenda e a paisaxe" en Ourense

Co albo de debater a integración da vivenda no entorno natural do pais, a Fundación Juana de Vega e a Delegación do COAG de Ourense organizan as xornadas "A VIVENDA E A PAISAXE"...


Comentarios