Os cursos iniciaranse este mes combinando sesións teóricas na sede da Fundación e as prácticas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo
As clases estenderanse a todo o ciclo da uva rematando co embotellado no mes de decembro
Impartirase un curso de iniciación e un curso avanzado para poñer en práctica os coñecementos teóricos tanto en campo como en adega e finalizar cunha cata dos caldos obtidos
Éque estes cursos teñen unha vocación eminentemente práctica, tratando non so de que o alumnado acade os máximos coñecementos teóricos sobre o proceso de produción de viño de calidade, senón que poida pór en práctica, tanto en fincas experimentais como en adega, todas as actividades necesarias para a obtención de viño de forma autónoma, coa supervisión e control dun titor.
Este plan formativo contempla un curso de iniciación e un curso avanzado. No de iniciación o alumnado poderá coñecer fundamentos da viticultura como a vide e o seu ciclo vexetativo e reprodutor, o acondicionamento do terreo, técnicas de fertilización e protección do viñedo, a poda e recolección, así como formación en enoloxía, tratando aspectos como a maduración da uva e a vendima, elaboración, conservación e enfermidades dos viños ou envasado. Tamén se achegarán nocións moi importantes para desenvolver o negocio como a lexislación e axudas vinculadas ao sector, denominacións de orixe, comercialización e marketing ou mecanismos e usos da cata. Combinadas coas clases teóricas, as prácticas en finca permitirán desenvolver as operacións necesarias para a implantación, mantemento de viñedos e procesos de elaboración, principalmente adaptados á comarca que abrangue os viños da Terra de Betanzos.
No que respecta ao curso avanzado, terá unha vocación totalmente práctica, co fin de lograr o obxectivo final da elaboración dun viño de calidade. O propio alumnado desenvolverá as accións de poda e atado, aplicación de fitosanitarios, control de maduración, cata de uvas, vendima e finalmente elaboración do produto. O alumnado realizará estas tarefas por parellas, e cada unha delas disporá dun número determinado de plantas de vide para a produción dunha pequena produción de 10 a 15 litros.
As clases repartiranse en dúas sesións ao mes (unha teórica e unha práctica) en cada unha das modalidades. O número de prazas restrínxese a 20 para cada curso e as persoas interesadas poderán contactar coa Fundación Juana de Vega (www.juanadevega.org) para realizar a súa solicitude de matrícula.
A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e enoloxía (Básico e avanzado) e Froiticultura, que se desenvolven en colaboración co Centro...
A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e enoloxía (Básico e avanzado) e Froiticultura, que se desenvolven en colaboración co Centro...
Os cursos básico e avanzado, que se desenvolverán desde febreiro até o mes de decembro, son de especial interese para a comarca de Betanzos, onde a elaboración de viños de calidade converteuse nu...
O programa iniciarase en febreiro, combinando sesións teóricas na sede da fundación e prácticas en fincas experimentais que se estenderán a todo o ciclo vexetativo da uva. O obxectivo é que os ...