Novas / Escola Galega da Paisaxe

La Escuela Gallega del Paisaje Juana de Vega y el Instituto de Estudios del territorio presentan la Guía de intervenciones en espacios públicos para mejorar la calidad de estos elementos y fijar pautas de actuación

26 Febreiro 2020

#paisaxe

Esta mañá foi presentada a Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos, elaborada pola Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega para o Colección Paisaxe Galega do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, territorio e vivenda, como unha ferramenta máis de carácter didáctico e divulgativo co obxectivo de mellorar a calidade deste tipo de elementos e ofrecer unha serie de pautas de referencia á hora de planificar novas intervencións sobre o territorio.

A Coruña, 26 de febreiro de 2020.- 

No acto de presentación oficial da guía, a conselleira Ángeles Vázquez incidiu en que esta nova publicación nace cun dobre obxectivo: por unha banda, dar visibilidade á calidade dos espazos públicos galegos, e por outra, ofrecer unha serie de criterios de referencia para que todas as intervencións que se fagan dean como resultado “espazos integrados, eficientes, inclusivos e responsables”.

Neste sentido, Vázquez Mejuto subliñou durante a súa intervención que son os espazos públicos das cidades e vilas galegas os que marcan a diferencia “como elementos distintivos comúns” das súas diferentes etapas históricas así como dos seus barrios. Así, subliñou a importancia deste tipo de elementos, que forman parte da vida cotiá e teñen incidencia directa sobre as condicións das zonas urbanas e rurais ademais de repercutir no lecer e na saúde da cidadanía.

No acto, no que intervino a directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, Isabel Aguirre de Urcola, subliñouse a relevancia de coidar a intervención paisaxística non so nos espazos públicos máis urbanos se non tamén nos campos da feira, nos sendeiros, miradoiros, praias ou ríos.

Á hora de redactar a guía, analizáronse máis dun cento de espazos públicos de referencia pertencentes a varias tipoloxías distintas, desde estradas e aparcadoiros, pasando por paseos e sendas de diferente tipo, prazas, xardíns, parques, praias, hortas urbanas ou miradoiros, entre outros. Para iso, tomáronse como exemplo aquelas intervencións que unen dous criterios importantes: o respecto da actuación á contorna e ao medio ambiente, e a súa utilidade para a cidadanía.

Deste xeito e dado o carácter didáctico e divulgativo da guía, o documento fixa os criterios xerais de deseño para garantir a integración paisaxística de calquera intervención, os criterios técnicos relacionados cos materiais e detalles dos elementos construtivos que conforman cada espazo, e cuestións específicas con solucións concretas para cada tipoloxía de espazo. Ademais, a guía inclúe máis de 50 espazos públicos considerados de referencia e distribuídos por todo o territorio para axudar a recoñecer boas prácticas de actuación.

Coa Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos son xa oito as publicacións deste tipo que edita e publica a Consellería de Medio Ambiente no marco da Colección Paisaxe Galega, que se empezou a publicar no ano 2012 co obxectivo de poñer en valor, protexer e recuperar a paisaxe desde unha perspectiva sostible e ordenada.

Deste xeito, as guías editadas ata agora son a de Estudos de impacto e integración paisaxística, a de Criterios de sustentabilidade e integración paisaxística, a de Cor e Materiais de Galicia, a de Estudos da paisaxe urbana e a de Caracterización e integración paisaxística de valados, está última tamén elaborada pola Fundación Juana de Vega.

Así mesmo, tamén se publicaron outras dúas guías de boas prácticas, a primeira delas centrada na intervención nos núcleos rurais e a outra, nos sistemas praia-duna.

A guía está dispoñible en: https://cmatv.xunta.gal/


Actividades relacionadas

Guía de Boas prácticas en intervencións en espazos públicos

A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, territorio e vivenda traballou....


Comentarios