Rosa Quintana acudiu hoxe á sede da Fundación Juana de Vega para manter unha reunión de seguimento do convenio asinado con esta entidade e coa Universidade de Santiago para mellorar o coñecemento e mobilidade de terras agrarias
O obxectivo final do proxecto no que traballan estas entidades é apoiar o rendemento do agro galego a través dun observatorio que identifique a problemática do mercado da terra en Galicia
Oleiros, 27 de xaneiro de 2014.- A conselleira o Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe na sede da Fundación Juana de Vega á reunión de seguimento do convenio asinado con esta entidade e coa Universidade de Santiago para mellorar o coñecemento da mobilidade de terras agrarias. No transcurso do encontro, Quintana salientou que a mobilidade de terras é fundamental para o agro galego e constitúe un elemento esencial para o redimensionamento das explotacións, na procura de aumentar a súa base territorial. Neste sentido o Presidente da Fundación, Enrique Sáez, incidiu en que a escasa base territorial das explotacións leiteiras en Galicia, limita a súa competitividade e fainas moi vulnerables á volatilidade dos insumos a nivel internacional, por ese motivo, sinala, é preciso mobilizar terra abandonada e poñela ao servizo das explotacións agrícolas e gandeiras que a precisan.
Os tres organismos citados están a colaborar no proxecto "Propiedade, mobilidade da terra e valorización territorial". O obxectivo final desta iniciativa é crear un observatorio que identifique a problemática do mercado da terra en Galicia, así como as súas posibles solucións, para que permita redimensionar as explotacións a través do aumento da súa base territorial. Neste senso ?como destacou a conselleira?, o uso da terra agraria é imprescindible para a solvencia do agro galego e débense tomar decisións que se encamiñen a mellorar o entorno económico, social e ?sobre todo? legal que permita o aproveitamento deste recurso.
O proxecto -que se desenvolve durante os anos 2013 e 2014- consiste na mellora do Sistema de Terras de Galicia (SITEGAL) para facilitar o seguimento do comportamento de variables en canto á mobilidade de terras en Galicia. Deste xeito, integraríase toda esa información e funcionalidades na plataforma SITEGAL, de tal maneira que se convirta nunha infraestrutura tecnolóxica de referencia sobre mercados e mobilidade de terras en Galicia, cunha utilidade potencial estratéxica para o sector público e o privado.
A conselleira destacou que a creación deste observatorio -que conta cun investimento total de 201.390 euros- é pioneira en Galicia e no resto de España.
Presentación dos resultados do Observatorio de Mobilidade de Terras de Galicia...
Crease o Observatorio da Mobilidade de Terras de Galicia, que ten como obxectivos identificar as dinámicas do mercado de terras rústicas en Galicia, dotalo dunha maior transparencia tanto para axent...
Durante os anos 2013 e 2014, a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e a Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveron o proxecto “Propiedade, Mobil...
A Fundación e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) impulsan en colaboración coa Universidade de Santiago, o proxecto de investigación "Propiedade, mobilidade da terra e valorización ...