Novas / Escola Galega da Paisaxe

Instituto de estudios das identidades: territorio, paisaxe e identidade

Foro sobre a paisaxe no Museo deo Pobo Galego

En maio de 2005 o Padroado do Museo do Pobo Galego decidiu crear o Instituto de Estudos das Identidades® (IEI), como un departamento do propio Museo. Entre os fins do IEI está o de establecer e desenvolver liñas de investigación e de intervención sociocultural nos diferentes ámbitos que lle son propios ao Museo, con especial atención ao estudo interdisciplinar da identidade galega e da súa interrelación ou comparación con outras identidades. Ao mesmo tempo, preténdese contribuír ao estudo e á formulación de posibles solucións para aqueles problemas que teñan especial relevancia para a sociedade galega, estimular a colaboración estable de novos investigadores e técnicos no marco do Museo, e promover a formación en xestión cultural. En consecuencia con estes fins, o IEI organizará de forma periódica unha serie de foros de debate sobre temas de actualidade. O primeiro destes foros, baixo o título Territorio, Paisaxe e Identidade, ponse agora en marcha. Logo dunha primeira fase de discusión en rede ao longo do mes de xaneiro, sábado 3 de febreiro de 2007 terá lugar unha sesión pública na sede do Museo do Pobo Galego.

Para poder acceder a este foro pincha no seguinte enlace: Foro de discusión: Territorio, paisaxe e identidade


Comentarios