Novas / Cursos e xornadas

Foro de iniciativas rurais na Costa da Morte: “O érbedo verde ten súa sazón”

5 Xullo 2022

Lugar: Sede da Fundación Eduardo Pondal en O Couto (Ponteceso).
Data: Sábado 9 de xullo de 2022.
Hora: 10:30 a 13:00 horas.

“O érbedo verde ten súa sazón”.  Este verso pondaliano inspira este foro promovido pola Fundación Pondal, a Fundación Juana de Vega e La Voz de Galicia co propósito de afondar nos proxectos vizosos que destacan no rural da Costa da Morte. Horticultura, sociedades de fomento forestal, produtores ecolóxicos, granxas escolas, ou gandeiros pasarán polo púlpito para amosar proxectos cargados de ilusión, esforzo e futuro, xunta cunha breve presentación das accións de formación e apoio ao emprendemento que desenvolven a EFA de Fonteboa e Fundación Juana de Vega.


Comentarios