Funded by the IMCAP Programme of the European Union
Resumo do proxecto
A Fundación Juana de Vega é beneficiaria do proxecto FunCAP (A Fun way to boost New Generations CAP knowledge) da Convocatoria IMCAP-2021 (Support for information measures relating to the Common Agricultural Policy for 2021) financiada pola Comisión Europea.
A PAC é unha das maiores fontes de financiamento público da UE. Non obstante, moitos sectores da sociedade non teñen un coñecemento profundo da contribución da PAC ao benestar dos cidadáns europeos e moitas veces hai equívocos e desinformación respecto dos obxectivos finais desta política. Esta necesidade de información ten aínda maior importancia en ámbitos como a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, unha zona de fortes interrelacións sociais, económicas e culturais, repleta de oportunidades e de gran potencial de desenvolvemento futuro.
O proxecto FunCAP traballa con 400 mozos de entre 15 e 18 anos e os seus profesores para presentar de xeito lúdico a PAC, fomentando o seu coñecemento de como contribúe ao desenvolvemento do medio rural e á mellora ambiental. Farase un esforzo especial para eliminar toda a desinformación, as narrativas pexorativas e as falsas noticias existentes entre a poboación que rodea esta política.
A metodoloxía empregada centrarase en aprender sobre o PAC mentres se xoga, desenvolvendo un xogo de mesa en formato físico e dixital orientado a facilitar a divulgación da importancia da PAC no orzamento europeo e a súa contribución á soberanía alimentaria e á sustentabilidade.
O proxecto, mediante a colaboración con medios especializados, proporcionará ao público en xeral información que lle axudará a impulsar o seu coñecemento e percepción social da contribución da PAC ao desenvolvemento económico e á mellora ambiental das zonas rurais.
Obxectivo do servizo
O obxectivo do servizo é o de fornecer ao proxecto FUNCAP de dous medios de comunicación de implantación territorial demostrada en Galicia e na Rexión Norte de Portugal que poidan contribuír á diseminación e comunicación das actuacións do proxecto FUNCAP.
O obxectivo é asegurar que se alcance o maior público obxectivo desde o inicio do proxecto. O principal obxectivo é difundir e comunicar as actividades e resultados a todas as partes interesadas relevantes para aumentar o impacto do proxecto e axudar a consecución de todos os obxectivos do mesmo.
Características do servizo:
As propostas seleccionadas deberán deseñar unha serie de materiais e ferramentas informativas (artigos, vídeos, etc.) que:
Os medios dixitais deberán estar enfocados a informar sobre os sectores agrícola, gandeiro, e forestal. Estes medios deberán ter capacidade para realizar entrevistas e xerar información para o sector profesional (axudas, prezos, artigos técnicos, etc.). Os medios deben ter cobertura rexional e nacional.
Accións a desenvolver:
LOTE 1: España
LOTE 2: Portugal
Documentación a entregar
Prazo execución das accións:
Desde setembro de 2021 até xullo de 2022
Criterios de selección:
A maiores da oferta económica terase en conta para a adxudicación:
Importe máximo:
| Importe sen IVE | Importe IVE incluído |
LOTE 1 (España) |
|
|
| 7.024,79 € | 8.500,00 € |
| 4.132,23 € | 5.000,00 € |
| 1.239,67 € | 1.500,00 € |
| 2.479,34 € | 3.000,00 € |
TOTAL LOTE 1 | 19.834,71 € | 24.000,00 € |
LOTE 2 (Portugal) |
|
|
| 7.024,79 € | 8.500,00 € |
| 1.239,67 € | 1.500,00 € |
TOTAL LOTE 2 | 8.264,46 € | 10.000,00 € |
Prazo e forma de presentación da oferta:
O prazo para presentar a oferta será de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte aquel en que se publique a oferta.
A oferta deben enviala a través do correo info@juanadevega.org.
José Manuel Andrade Calvo
Fundación Juana de Vega
“Funded by the IMCAP Programme of the European Union”...