A Fundación Juana de Vega dentro das actividades que se desenvolven no marco do Máster de Arquitectura da Paisaxe 2015- 2016, organiza un ciclo de conferencias sobre a paisaxe nas que participasen recoñecidos paisajistas de toda Europa. 

Os relatorios terán lugar na sede da Fundación os días 24, 25, 27 e 30 de novembro, e serán de acceso libre mediante inscrición no seguinte email: info@juanadevega.org.

Paul T Simons.

Arquitecto inglés especialista en patrimonio histórico e turismo termal, é o socio fundador de Paul Simons Associates, consultora especializada neste ámbito. Na actualidade tamén é director de McCurdy & Co, empresa dedicada a reconstrucións de edificios históricas utilizando fundamentalmente madeira.

 

João Nunes

[Descripción: João Nunes] Socio Fundador e Presidente de PROAP, Estudo de Arquitectura da Paisaxe conformada por un amplo equipo multidisciplinar de profesionais, cunha recoñecida experiencia no ámbito da paisaxe, na súa acepción máis ampla.

Imparte clases no Instituto Superior de Agronomía de Lisboa desde 1991. Actualmente tamén imparte clases no Instituto Universitario de Arquitectura de Venecia, Universidade Politécnica de Milán, Universidade Politécnica de Turín, Facultade de Arquitectura Ludovico Quaroni da Universidade de Roma "A Sapienza", Facultade de Arquitectura de Alghero e na Accademia dei Architettura de Mendrisio.

Luis Andrés Orive

Director do Centro de Estudos Ambientais do Concello de Vitoria- Gasteiz. Este é un organismo autónomo municipal que ten a misión de velar pola sustentabilidade de Vitoria-Gasteiz, impulsando o desenvolvemento sustentable do municipio na súa integridade e entendendo este non como un ente illado, senón vinculado ao seu biorregión, a Llanada Arabesa.

Luís Orive é responsable do anel verde de Vitoria que supuxo o recoñecemento da cidade como “Capital Verde Europea 2012”.

Teresa Andresen

Teresa Andresen es Doctora en Arquitecta Paisajista, catedrática del Departamento de Geociencias, ambiente y Ordenación del Territorio da Universidade do Porto. Dirigió, entre 1986 y 1988, la recuperación del Parque de Serralves, y coordinó el estudio de Estructura Ecológica del Área metropolitana de Porto. Es co-autora, con Teresa Portela Marques, do libro Jardins Históricos do Porto y Directora del Jardín Botánico do Porto. Fue miembro del Consejo científico de la Agencia Europea de Ambiente. Premio ECLAS 2015 a su trayectoria.

 

Cartel Conferencias Paisaje Máster 2015


Comentarios