Novas / Promoción Agroalimentaria

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de 2017 de viticultura e enoloxía e froiticultura.

A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e enoloxía (Básico e avanzado) e Froiticultura, que se desenvolven en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.

A realización dos cursos terá unha compoñente teórica na aula e prácticas en finca. A inauguración dos cursos de viticultura será o mércores 22 de febreiro e o de fruticultura o xoves 23 ás 16 horas na Fundación Juana de Vega.

Nos cursos de viticultura traballarase fundamentalmente coas variedades de branco lexítimo e Agudelo.

Como novidade, no curso de fruticultura inclúese 40 horas máis de docencia para poder incidir nos aspectos fundamentais dos tratamentos necesarios para os cultivos. Os froiteiras cos que se traballa son: mazá, castaño, kiwi e pequenos froitos.

Consulta toda a información nos seguintes enlaces:

Curso Básico de viticultura e enoloxía

Curso avanzado de viticultura e enoloxía

Bases técnicas para o desenvolvemento da froiticultura en Galicia

As inscricións deberán realizarse por inscrición nos enlaces web anteriores.

Para calquera dúbida ou consulta, estamos á túa disposición en info@juanadevega.org, no teléfono 981.65.46.37, ou nas nosas redes sociais: Facebook e twitter.


Novas relacionadas

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de 2016 de viticultura e enoloxía e froiticultura.

A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición nos cursos de formación práctica de Viticultura e enoloxía (Básico e avanzado) e Froiticultura, que se desenvolven en colaboración co Centro...

A Fundación Juana de Veiga inicia un curso de formación para mellorar o coñecemento no cultivo da vide e na elaboración e cata de viños

Os cursos básico e avanzado, que se desenvolverán desde febreiro até o mes de decembro, son de especial interese para a comarca de Betanzos, onde a elaboración de viños de calidade converteuse nu...

A Fundación Juana de Veiga inicia o luns un curso para apoiar a comercialización e a posta en valor dos produtos frutícolas galegos

O programa desenvolverase en colaboración co CFEA de Guísamo e ten como obxectivo dar a coñecer todas as nocións teóricas e prácticas sobre colleita, produción, transformación e posterior come...

A Fundación Juana de Vega e o CFEA de Guísamo inician un programa formativo en viticultura e enoloxía no que o alumnado producirá de xeito autónomo os seus propios viños de calidade.

Os cursos iniciaranse este mes combinando sesións teóricas na sede da Fundación e as prácticas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo As clases estenderanse a todo o ...

A Fundación Juana de Vega inicia un ciclo formativo que permitirá aos viticultores producir viños de calidade a partir das variedades da zona de Betanzos legalizadas para o seu etiquetado e comercialización fóra da esfera doméstica.

O programa iniciarase en febreiro, combinando sesións teóricas na sede da fundación e prácticas en fincas experimentais que se estenderán a todo o ciclo vexetativo da uva. O obxectivo é que os ...


Actividades relacionadas

Curso: Bases técnicas para o desenvolvemento da fruticultura en Galicia

Formación práctica en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo para á implantación e mantemento de fincas frutícolas....


Comentarios