Oleiros, 6 de febreiro de 2023.
A Fundación Juana de Vega comeza hoxe co asesoramento aos cinco proxectos seleccionados para participar na modalidade de emprendemento da decimoprimera edición do Programa de apoio a empresas agroalimentarias.
O programa conta con dúas modalidades diferentes; a de emprendemento, centrada na creación de novas empresas, modelos de negocio e propostas de valor; e a de crecemento e consolidación, para axudar a empresas existentes a desenvolver e/o consolidar os seus proxectos empresariais tratando de mellorar o seu funcionamento mediante a titorización personalizada na toma de decisións en distintos ámbitos do negocio que necesite. A selección definitiva das empresas participantes na modalidade de crecemento e consolidación terá lugar nas próximas semanas.
A Fundación recibiu un total de 41 solicitudes, das que 24 pasaron polos talleres de ideas empresariais e tras unha entrevista persoal, cinco deles foron seleccionados para participar na modalidade de emprendemento. Esta modalidade que se desenvolve ata finais de ano, conta con oito sesións docentes e máis de 20 titorías individuais para abordar as súas ideas de negocio desde o punto de vista estratéxico, definir o seu perfil competitivo e de posicionamento, determinar as canles de comercialización idóneos, as necesidades financeiras, e en definitiva, elaborar un plan de empresa rigoroso que facilita a súa implantación no mercado coa maior garantía de éxito posible.
Os proxectos e emprendedores/as seleccionados nesta edición foron os seguintes:
Esta nova edición do programa de apoio a empresas agroalimentarias foi inaugurada polo director da Fundación Juana de Vega, e contou coa presenza de Álvaro Domínguez, empresario mozo e emprendedor de Ponteceso que compartiu a súa experiencia empresarial inspiradora cos asistentes.
Como xa ven sendo habitual dende fai 9 anos, a Fundación Juana de Vega lanza o programa de apoio a emprendedores e empresas do sector agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro galego. Este a...
O programa ten como obxectivo apoiar a creación de empresas no sector agroalimentario e forestal con propostas innovadoras, xeradoras de valor engadido, e fomentar a profesionalización dos emprended...
El objetivo principal de los Parladoiros es que emprendedores ejemplares del rural gallego tengan la oportunidad de compartir sus experiencias con todos aquellos interesados en conocer de primera mano...
Co obxectivo de mellorar o tecido empresarial agroalimentario en Galicia, a Fundación convoca este Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias....