Novas / Cursos e xornadas

A Fundación Juana de Vega clausura o seminario sobre a importancia do románico no camiño de inverno

Esta iniciativa, que forma parte do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia, creouse co obxectivo de analizar a integración do románico da Ribeira Sacra na Rede Europea de Itinerarios Culturais

Monforte, 16 de novembro de 2019. A Fundación Juana de Vega, a través da Escola Galega da Paisaxe, co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia –no marco do programa O teu Xacobeo, de apoio a proxectos de dinamización do Xacobeo 2021 (Xunta de Galicia)–, celebrou durante este venres e sábado a xornada “A importancia do Románico no Camiño de Inverno”, no parador de Monforte.

Na inauguración do seminario participaron o alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, así como o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, e a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre. O obxectivo principal desta iniciativa é promover que o románico da zona da Ribeira Sacra se integre nesta Rede europea de Itinerarios Culturais e se vincule co Camiño de Inverno, conseguindo de forma sinérxica un dobre fin: poñer en valor o patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra e ofrecer un valor engadido aos peregrinos do Camiño.

A encargada de clausurar o encontro foi a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, que foi a encargada de ler a acta de conclusións do encontro. Nelas, o expertos participantes destacaron que as Ribeira Sacra, onde se concentra a maior densidade de construccións do románico rural, demanda un tratamento diferenciado polas súas especiais condicións e as súas singularidades sociais, así como un plan de difusión para trasladar o seu coñcemento.

As especiais características espaciais, culturais e naturais da Ribeira Sacra outorgan un valor engadido e unha singularidade propia que o diferencia doutros contextos con elementos románicos. Proseguen as conclusións indicando que a Ribeira Sacra ten entidade propia, en mellor estado que moitas zonas da ruta de románico que tiveron que ser recuperadas. Aínda así, precisan que se necesita unha revisión dos bens, en particular algúns con problemas estructurais. En conclusión, sinalan que a Ribeira Sacra non é unha potencialidade, é unha realidade que debe ser situada onde se merece, nos “altares” do románico e do patrimonio cultural. Por último, destacan que a adhesión á Rede de Europea de Itinerarios Culturais, á que deben sumarse todos los ayuntamientos implicados, diputaciones y la Xunta de Galicia y población local funcionará sinérgicamente como polo de atracción con el camino de invierno, en fase de fortalecimiento y puesta en valor como alternativa a otras rutas.

Relatores

Entre os expertos que participaron no seminario destacan Paulo Almeida, doutor en Historia da Arte pola Universidade de Coímbra e mestre en Arte, Patrimonio e Restauración; e José Augusto Coelho, licenciado en Historia-Ramo Científico pola Universidade Portucalense Infante D. Henrique e mestre en Conservación, Restauración e Historia da Arte. Ademais, tamén interviron a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, e os coordinadores das xornadas, Rosario Correia Machado, directora do Centro de Estudos do Románico e copresidenta científica da Rota do Románico, e Pedro Calaza, experto en planificación e proxectos da paisaxe, doutor Arquitecto da Paisaxe e doutor Enxeñeiro Agrónomo.

Durante o seminario tamén tivo lugar unha visita ao Monasterio Cisterciense do Divino Pastor e San Miguel de Eiré en Pantón, e a Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao) a cargo da empresa Máis que románico, Turismo Cultural.

O Camiño de Inverno e a Ruta do Románico

O Camiño de Inverno é a entrada natural a Galicia desde a meseta seguindo o leito do  rio Sil, un acceso xa utilizado polos romanos e posteriormente polos peregrinos a Santiago como alternativa ao coñecido Camiño Francés. Pénsase que puido xurdir como alternativa aos cumes nevados do Cebreiro, e tamén para evitar os desbordamentos frecuentes dos rios do val do Valcarce.

Uns dos aspectos máis destacables deste Camiño son as súas calidades paisaxísticas e culturais dado que percorre no tramo galego numerosos tesouros naturais coma o Parque Natural da  Enciña da Lastra, a contorna natural do río Deza, e a Ribeira Sacra, declarada Ben de Interese Cultural na categoría de paisaxe cultural, e que aspira á  condición de Patrimonio Mundial da UNESCO. Precisamente é na Ribeira Sacra onde está a maior concentración do románico rural de Europa, froito da colonización monacal a partir do século VIII.

Entre os seus tesouros relixiosos cabe destacar o Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón ademais doutros moitos que pasaron por múltiples vicisitudes e transformáronse para iniciar unha nova vida vinculada á sociedade actual e a actividade turística. Un claro exemplo diso é que o Parador de Monforte de Lemos ocupe o antigo Mosteiro de San Vicente do Pino e o de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín) o Mosteiro do mesmo nome.


Actividades relacionadas

Xornada de divulgación: A importancia do Románico no Camiño de Inverno

Parador Nacional de Monforte de Lemos 15 e 16 de novembro de 2019...


Comentarios