Anualmente outorgaranse as Flores de Honra (entre unha e cinco flores) aos municipios participantes elixidos por un xurado especializado, como recoñecemento tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.
Oleiros, 23 de xullo de 2018.-Vilas en flor é unha iniciativa que persigue a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos. En Galicia é o primeiro ano que se desenvolve seguindo o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza do sistema implantado desde hai décadas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia e Canadá. En comunidades como a catalá xa participan máis de 110 concellos. A implantación en Galicia xurde por iniciativa da Asociación de Viveristas do Noroeste (ASVINOR) e da Asociación Galega de Empresas de Xardineria (AGAEXAR) e está apoiada e coordinada pola Fundación Juana de Vega, dentro do marco do seu traballo para a mellora integral do territorio e da paisaxe en Galicia que realiza a través da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.
Vilas en flor é un programa moi integrado nas inquietudes nacionais encamiñadas á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades da infraestrutura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público de aquelas actuacións medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos. As Flores de Honra son o distintivo que se concede anualmente aos municipios participantes segundo criterio dun xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. Hai cinco niveis: de unha a cinco Flores de Honra. O programa recoñece tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo polos concellos galegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. Poden participar todos aqueles municipios da comunidade galega que teñan menos de cincuenta mil habitantes.
Os concellos deberán seguir as directrices marcadas pola estratexia estatal de infraestrutura verde e pola rexional, en pro de alcanzar territorios máis sostibles e resilientes. E todo iso pasa por unha mellor integración da natureza nos concellos, unha natureza que debe ser o patrón de referencia no deseño urbano e que debe ter calidade. Trátase dun programa encamiñado á mellora integral do verde nos concellos para potenciar os múltiples beneficios que xera. Preténdese non só un aumento do número de espazos verdes, senón tamén unha mellora integral da calidade dos mesmos así como dos modelos de xestión que deben enfocarse cara a un aumento da biodiversidade e do uso racional dos recursos e encadrarse dentro de unha serie de actuacións máis sostibles e eficaces.
Deste xeito, os concellos son recoñecidos pola súa adecuada implantación e xestión dos espazos verdes, e contribúen de forma directa ao desenvolvemento económico local, xerando máis actividade económica derivada do propio sector da planta ornamental e da xardinería así como dun previsible aumento de visitas. De feito existen rutas específicas para os concellos que participan neste tipo de programas. Por outra parte, os concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago poderán ser considerados, recoñecidos e valorados desde un prisma internacional, construíndo una marca de calidade local.
Máis información en: Vilas en Flor
O certame, impulsado pola Fundación Juana de Vega, bateu récords de participación, con 30 concellos que obtiveron entre unha e catro flores de honra recoñecendo a posta en valor da súa paisaxe ur...
A entrega dos galardóns de Vilas en Flor Galicia celebrarase o 17 de novembro en Allariz, para distinguir a posta en valor da paisaxe de 30 concellos de toda Galicia Un xurado experto no ámbito pro...
Está formado por un equipo de dez expertos de universidades, administracións e entidades públicas e privadas, que destacaron o interese e a disposición dos técnicos e xestores dos municipios Na ...
Chantada e Allariz acadan de novo as catro flores de honra. O xurado distinguiu tamén a Caldas de Reis, Lalín, Tomiño e Salvaterra de Miño con tres flores; a os de A Guarda, Baiona, Carballiño, C...
O xurado distinguiu tamén a Caldas de Reis e Salvaterra con tres flores. Ademáis de Portomarín, Ponteceso, Tomiño, Mondoñedo, A Guarda, Culleredo, Cuntis, Carballiño e Betanzos con dous. Pola s...
Nesta primeira edición do programa, impulsado pola Fundación Juana de Vega, AGAEXAR e ASVINOR, participaban tamén Caldas de Reis, con tres flores de honra; Betanzos, con dous, e Ortigueira, que lev...
Un recoñecemento ao labor dos municipios por mellorar o seu espazo urbano...